sábado, 29 de marzo de 2014

Cuarto día en Dubai

Día 4:

http://www.starwoodhotels.com
Que mellor maneira de comezar o día que almorzar contemplando o claro amencer na espectacular azotea do noso hotel. A continuación dirixímonos co noso coche á Mezquita de Jumeirah situada en Al-Jumeirah Road. Alí esperabanos o noso guía en compaña dun grupo de turistas alemáns. 

Para poder realizar a visita da Mezquita tivemos que cubrir o pelo cun velo e levar unha vestimenta longa xa que alí non está permitido levar roupa curta. 

Durante a hora e cuarto que dura a visita, cóntannos que é a Mezquita máis importante de Dubai, debido a súa impresionante arquitectura e por ser a única á que poden acceder os non musulmáns.

Como xa era hora de xantar,  decidimos ir a un restaurante próximo, chamado Seaview. Alí degustamos o marisco que xa o botábamos de menos, posto que somos galegas. A verdade e que comemos moitísimo por tan só 180 dirhams por persoa que veñen sendo 36 euros.

http://travelview.es
A continuación desprazámonos ao Zoco de Bur Dubai situado no norte de Bur Dubai. O regateo, centos de cores, un ambiente que evoca o pasado son algúns dos ingredientes que converten este zoco nun lugar tan especial. Mercamos recordos, lámpadas, teas...

Despois deste visitamos os outros dous, o Zoco do Ouro e o das Especias (o máis antigo e onde gozamos das cores e os aromas).
Tras visitar estes maravillosos e sorprendentes lugares acabamos este esgotador día de visita e regateo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario