mércores, 11 de xuño de 2014

Os "garotos" paséanse polo Delta do Ebro

Segunda mañá en Calafell e segundo madrugón (esta vez máis cedo, xa que na rúa, debaixo nosa había unhas vellas a falaren como se estivesen a vender peixe).

Levantámonos para ir ao Parque Natural do Delta do Ebro. Tivemos que viaxar arredor dunha hora en autobús ata chegar a L'Ampolla, nome que como era de esperar, sorprendeunos moito. Descansamos un cuarto de hora na pequena vila e despois fomos ata unha zona de praia, aínda que non tiña area... E alí un garda forestal cunha acompañante explicounos a historia desa paisaxe e o seu ecosistema, ensinándonos a zona dende un miradoiro e dándonos a coñecer especies de animais autóctonas e diferentes formas de cazar aos animais que alí vivían.



Logo, ao mediodía, collemos a cesta de pícnic e comemos ao lado de un pequeno peirao do Ebro, e agardamos moito tempo ao barco no que íamos facer unha ruta guiada. Nese tempo, algúns de nós, estivemos xogando ao "pañuelito".

Saímos do porto cara á desembocadura do Ebro, mentres un guía nos ía explicando cousas interesantes da zona de L'Ampolla. Cando chegamos á desembocadura, demos volta e nos puxeron música, coa que nos motivamos e bailamos  como tolos.




De volta no porto, tivemos que coller o bus para que durante o camiño, os guías nos explicasen as paisaxes. Logo, deixámolos nunha peaxe e fomos ó hotel.

Despois de cear, preparámonos para o noso primeiro día de festa en Calafell. Estaban todos vestidos coma se fose fin de ano, aquilo parecía unha gala. Atopamos un bar chamado "On Sempre" ao que fomos antes de entrar na discoteca Nicky's, da que nos marchamos a durmir á 1h.

Ningún comentario:

Publicar un comentario