Tras o enorme cansazo da Expomanga, na que pasei todo o día camiñando dun lado para outro e tirando fotos, quitei a maquillaxe, a perruca e os cornos e fun directa ao hotel a durmir.
Ao día seguinte custoume bastante erguerme, pero era o meu último día e tiña que percorrer un pouco Madrid xa que me ía pola noite e tiña un longo día por diante.
Ese día quedei co meu amigo, o que me acompañara en tren ata Madrid, Mario, e ambos os dous fomos facer un pouco de turismo pola capital. Quedamos na praza de Callao, e dende a Praza do Sol e tras dar un par de voltas sen saber ben onde ir, decidimos ir a Chueca.
Coñecido por ser o barrio gay, nada máis chegar vimos que tiña un ambiente distinto; aí cada un ía vestido como lle daba a gana e sen importarlle o que dicían os demais.
Chueca © es.wikipedia.org |
Unha vez alí, observamos un pouco o ambiente e as tendas, para logo volver de novo. Fomos ata un Starbucks a tomar algo e, desgraciadamente, pasamos pola praza de Neptuno onde os do Atlético do Madrid estaban de celebración; obviamente aquilo estaba repleto de xente.
Plaza de Neptuno © www.fuenterrebollo.com |
Sen ter outro remedio fomos por aí, pero un policía parounos e revisounos as mochilas por se levabamos algunha arma ou iamos causar algún altercado naquela celebración, cando nós só estabamos de paso. Pero preferimos non dicir nada, e abrimos as mochilas para que nos deixasen pasar e seguir noso camiño.
Collemos un par de cafés, e tras esquivar un montón de berros e xente emocionada por aquela vitoria, chegamos ata o parque do Retiro. Alí tirámonos nun dos bancos, vendo como atardecía e non deixaban de pasar un montón de bandeiras do equipo de fútbol.
Parque do Retiro © www.viajarsinprisas.com |
Unha hora antes de marchar, fomos ata o hotel onde me hospedaba e onde quedara coa miña tía para recoller as maletas que deixaramos alí. Collémolas, e collemos o metro para volver á estación de Chamartín, e esperar a que o tren ata Vigo chegase. Ía nun tren hotel, así que non tiña problema xa que podía durmir alí e iamos chegar a Galicia sobre as sete da mañá.
E ben, esa foi a miña viaxe de tres días, no que fixen bastantes cousas pero o tempo se me pasou voando. Espero que o gozásedes!
Ningún comentario:
Publicar un comentario