domingo, 8 de xuño de 2014

4º día de excursión por Laura e Sandra

Despois dunha noite larga tivemos que madrugar como tódolos días. Tíñamos planeado ir ó CosmoCaixa pero os profes decidiron facer unha pequena parada no Nou Camp, xa que chegamos cedo a Barcelona. A parada foi de media hora máis ou menos. Non entramos dentro do campo, pero si puidemos estar nas tendas.


Arrancamos cara o CosmoCaixa, que é un Museo da Ciencia. Estaba moi ben, había un pouco de todo. Eu creo que a todos nos gustou bastante e nos impresionou! Ese día comemos nun buffet dentro do Museo pero a comida non pagaba moito a pena, iso si, os postres estaban boísimos!
Ó rematar deixáronnos tempo libre, cada un fixo o que lle deu a gana por alí fora. Estábase basatante ben tomando o sol... Como sempre, Rodrigo volveu aproveitar para durmir.
A nosa guía Eva, estaba fóra esperándonos para levarnos a outra visita guiada por Barcelona. Esta vez visitamos a Pedrera, pero non puidemos gozar moito dela xa que estaba tapada por obras. Tamén visitamos a casa de Gaudí, moi bonita. Antes de marchar para a Sagrada Familia fixémoslle a última visita as Ramblas, eu aproveitei para ir O Raval. Había exposicións de comida realmente incribles.


Agora tocábanos ir a Sagrada Familia, a verdade é que tíñamos moitas ganas xa que nos falaran tan ben dela. Quedáranse cortos, porque realmente era espectacular, e iso que aínda falta por construír. Había moitísima seguridade, ata nos revisaron as mochilas. Déronnos uns cascos, cousa que nos fixo moita graza, porque se cambiabas de número podías escoitar  outra guía en vez da nosa, era bastante gracioso.

Cando nos despedimos de Eva, quedamos en que no 2026 nos volveríamos ver, xa que nese ano inaugurarán a fachada principal.

Coma sempre, volvemos ao noso querido bus, con ganas de volver saír de festa. Esa noite foi igual, aínda que no pub había xente doutros institutos. Cando chegamos ao hotel cada un foi para o seu cuarto, pero houbo cambios, como case tódalas noites... 

Eu fun xogar as cartas con Carlos Piñeiro, Carlos Pérez, Nerea e Isa. O gracioso foi que Isa, ao perder, tivo que ir bailando e cantando polo corredor "Ei, macarena"... Chefa pillounos e díxonos se estabamos ben da cabeza!!! 

Sandra quedou na habitación dela facendo o parvo!

Ningún comentario:

Publicar un comentario