venres, 6 de xuño de 2014

Os garotos de Brasil en Barcelona

O luns, despois de madrugar e tomar o almorzo, fomos a Barcelona co obxectivo de visitar e coñecer o barrio Gótico, onde a guía nos informou sobre os edificios antigos e importantes no desenvolvemento da cidade. Despois dunha mañá "interesante", fomos comer ao restaurante do Maremagnum.


Logo tivemos algunhas horiñas de descanso para coñecer o centro comercial e o porto onde nos atopábamos. Dando unha volta polo exterior, levámonos unha sorpresa cando vimos dous enormes iates, estes (segundo nos dixo un residente da vila), pertencían, un a un xeque árabe e o outro ao goberno Británico. Outra anécdota que nos contou o paseante foi que a estes barcos chámaselles "Putas", debido a que custan miles de millóns de euros. O iate árabe, cuxo dono era un magnate de Qatar chámase Katara, e mide arredor de 125 metros de proa a popa, sendo un dos 15 barcos mais valiosos do mundo.

Pola tarde, subimos no autobús e fomos visitar a Vila Olímpica de Montjuïc onde se celebraron os Xogos Olímpicos de Barcelona no ano 1992.



Máis tarde, o bus nos deixaba un pouco máis abaixo do miradoiro, onde íamos ver o porto de Barcelona e un pouco máis da cidade, porque unhas árbores tapaban a visibilidade desta. Despois de explicarnos varias cousas, subimos por unhas escaleiras ata chegar ao castelo, no que antes da entrada había un canón no que se tiraban fotos.
Cando entramos no castelo, deixáronnos ir ao baño e os "homes", co chiste de que as rapazas sempre se tiran fotos diante do espello, para non seren menos, tirámonos unhas.
































 
Por último, subimos arriba de todo e apreciamos as vistas durante uns minutos. Baixamos cara ao bús para que este nos levase cara ao hotel e prepararnos para o que viña o dia seguinte.

Ningún comentario:

Publicar un comentario