Estabamos no ecuador da semana. Outro madrugón para ir a Barcelona e visitar o CosmoCaixa, pero os profesores déronnos unha "sorpresa", xa que antes de ir alí visitamos o Camp Nou e os seus exteriores. Aproveitamos para tirar fotos e tamén entrar na tenda oficial do club, que tiña moitísimos artigos variados, e unha grande cantidade de produtos relacionados coa Champions League porque esa semana o FC Barcelona disputaba os cuartos de final da competición contra o Atlético de Madrid CF.
Pasaron quince minutos e tivemos que volver ao bus para ir finalmente ao CosmoCaixa.
Xa alí, quedamos moi sorprendidos porque era un espazo moi grande, con varios pisos e áreas: Física, Bioloxía, Química...
Pero o mellor foi o buffet do que gozamos no restaurante do complexo. A comida era deliciosa e acabamos co o estómago ben cheo. Logo fomos para fóra, aínda que dentro do recinto. Alí tiñamos moito espazo para relaxarnos e botar unhas risas.
Máis tarde fomos de novo ás Ramblas para visitar os sitios que non víramos o luns. Deixáronnos tempo libre para comprar máis recordos. Para finalizar o día fomos visitar a Sagrada Familia, un dos monumentos máis bonitos de Barcelona.
Logo pola noite saímos a dar unha volta ao On Sempre e ao Nicky´s, que esta noite estaban cheos de xente.
Ningún comentario:
Publicar un comentario