O noso grupo, que viaxa a Xapón, fixemos isto. Neste vídeo, aprenderemos a dicir frases en xaponés e cantaremos con Miku. メリークリスマス, que na nosa lingua é Bo Nadal, e un あけましておめでとう, que é Ano Novo!
martes, 24 de decembro de 2013
sábado, 21 de decembro de 2013
Características de Australia
|
| Foto sacada de: notinorbridge.blogspot.com |
Para ir a Australia buscamos algo de información para ir un pouco enterados.
Australia ten a maioría da poboación na costa (o 90%), xa que unha terceira parte é deserto. A súa capital é Camberra, aínda que a cidade máis coñecida é Sydney (capital de Nova Gales). Falan o inglés australiano. A súa moeda é o dólar australiano (1 euro = 1'37 dólares).
![]() |
| Foto sacada de: www.saladeinversion.com |
![]() |
| Foto sacada de: groups.google.com |
![]() |
| Foto sacada de: 100curiosidadesdelmundo.blogspot.com |
![]() |
| Foto sacada de: www.telemundo47.com |
![]() |
| Foto sacada de: elquiosco.mx |
![]() | |
| Foto sacada de: yahoraquehoraesenaustralia.blogspot.com |
Características de Dubái
Dubái é un dos sete Emiratos Árabes Unidos, ubicado na costa do golfo pérsico, dentro do deserto de Arabia, no continente asiático, concretamente en Dubái Creek que divide Dubái en Deria, ao norte, e Bur Dubái, ao sur. Este territorio extrema ao sur co Emirato de Abu Dabi, polo noroeste co Shajab e co Sultanato de Omán polo suroeste.
Antigamente, Dubái contaba cunha extensión de a penas 3.885 km2, pero actualmente conta 4.114 km2 dos cales 1318 km2 son de costa e foron gañados ao mar.
A súa poboación está experimentando un gran crecemento, na actualidade ronda os 2,106 millóns de persoas.
O idioma dos Emiratos Árabes é o árabe, a pesar diso o inglés é o idioma máis falado en Dubái, aínda que tamén se poden atopar moitas outras linguas como o chino, o indo, etc.
| http://www.conversor-divisas.net/currency/AED |
O dírham é a moneda oficial dos Emiratos Árabes Unidos, cada moeda divídese en cen fils.O seu valor aproximado é de 4 ou 4,5 euros.
O sistema de goberno deste país é unha monarquía constitucional, que desde 1833 goberna a dinastía Al Maktoum. A constitución política establece a división de poder en tres ramas: executiva, lexislativa e xudicial, permitindo que o goberno local realice algunhas funcións políticas e administrativas ao goberno federal se é necesario.
Mohammed bin Rashid Al Maktoum é o representante do poder executivo federal no emirato, ao cargo do Consello Executivo de Dubái establecido en 2003.
venres, 20 de decembro de 2013
Informacíon Hungría
Nesta segunda entrada darémosvos un pouco de información sobre o noso país.
Hungría localízase en centroeuropa, fai fronteira con Austria, Eslovaquia, Ucrania, Rumanía, Serbia, Eslovenia e Croacia.
Para comprar cousas necesitaremos forintos, xa que é a moeda que se utiliza alá e de paso teremos que estudar un pouco de húngaro xa que é o seu idioma, senón a ver que facemos!!
Aquí tedes unha imaxe dos forintos:
Hungría ten unha extensión de 93.030 km2. Budapest, a súa capital, atópase nas dúas orillas do río Danubio. Esta situación xeográfica dálle un singular panorama: o río que formaba este territorio durante miles de anos, dálle un horizonte amplío e unha atmosfera aberta á cidade e, ao mesmo tempo, une as dúas partes Buda e Pest, de tal maneira harmoniosa, que se o visitante o observa desde o Bastión de Pescadores ou desde o Monte Géllert, debe recoñecer que está contemplando un dos panoramas máis fermosos do mundo. Por esta razón non soamente o barrio do Castelo de Buda está declarado como patrimonio de Unesco senón toda a vista que se ofrece desde alí a ambas ribeiras. Budapest cos seus case 2 millóns de habitantes é unha metrópole verdadeira europea e un importante destino turístico.
Temos pensado visitar varios lugares, por exemplo: O Parque Nacional de Aggtelek, Debrecen, Budapest, Györ, Hollókö...
![]() |
| Parque Nacional de Aggtelek |
O seu sistema de goberno é unha república parlamentaria.
Teñen unha rica tradición folclórica, a música tradicional húngara caracterízase por un ritmo dactílico. Tamén é famosa a súa artesanía que abarca bordados, alfarería, etc. Iremos visitar o Museo Nacional Húngaro (Magyar Nemzeti Múzeum) para familiarizarnos con todo isto.
Teñen unha rica tradición folclórica, a música tradicional húngara caracterízase por un ritmo dactílico. Tamén é famosa a súa artesanía que abarca bordados, alfarería, etc. Iremos visitar o Museo Nacional Húngaro (Magyar Nemzeti Múzeum) para familiarizarnos con todo isto.
Estivemos investigando sobre a súa moda pero non saberíamos como describila, por iso vos deixamos algunhas imaxes aquí:
![]() |
| Moda das mulleres |
![]() |
| Moda dos homes |
En Hungría tamén hai festas, polo tanto falaremos delas.:
Está claro que teñen algunhas en común con nós, por exemplo Ano Novo, Entroido, Navidade... Pero teñen outras diferentes e que poden resultar interesantes para os festeiros, como a Festa da Xelatina, a Festa Nacional de Hungría, o Festival de Kalaka... E moitas máis, oxalá poidamos asistir a algunha!!
En canto ao clima, cando máis calor fai é no verán, a primaveira ten un clima temperado, o inverno é moi largo e con frío e o seu outono é brumoso e chove.
Para emprender a nosa viaxe cara alá debemos ter o noso DNI e o pasaporte en regla, e con moita sorte escollemos un país no cal non fai falla vacinarse para entrar, menos mal, co pánico que nos dan as agullas!!
Seguirémosvos informando de como nos vai, un saúdo :)
xoves, 19 de decembro de 2013
Deportes en Brasil
O fútbol é o deporte máis popular en Brasil. A selección de fútbol de Brasil gañou o Mundial en cinco ocasións, en 1958, 1962, 1970, 1994 e
en 2002, e tivo e ten na súa selección grandes xogadores como Ronaldinho,
Romario, Neymar...
O voleibol, o fútbol sala, o baloncesto, o skate, o automobilismo, as artes marciais e o fútbol praia tamén gozan de gran popularidade no país. No automobilismo, tres pilotos brasileiros gañaron oito veces o campionato mundial de Fórmula 1: Emerson Fittipaldi en 1972 y 1974; Nelson Piquet en 1981, 1983 e 1987; Ayrton Senna en 1988, 1990 e 1991. Brasil organizou varios eventos deportivos de gran escala. A nación organizou e foi sede do Mundial de 1950, da cal resultou subcampión perdendo a final contra o seu eterno rival, Uruguai, no estadio de Maracaná e ante mais de 200.000 persoas. E foi elixida para ser sede da edición de 2014.
Organiza anualmente o Gran Premio de Brasil de Fórmula 1 no circuíto de Interlagos, localizado en Sao Paulo.
O pais foi elixido para
ser a sede dos xogos olímpicos do 2016, os que se celebrarán en Río de Xaneiro.
![]() |
| Selección de Brasil |
O voleibol, o fútbol sala, o baloncesto, o skate, o automobilismo, as artes marciais e o fútbol praia tamén gozan de gran popularidade no país. No automobilismo, tres pilotos brasileiros gañaron oito veces o campionato mundial de Fórmula 1: Emerson Fittipaldi en 1972 y 1974; Nelson Piquet en 1981, 1983 e 1987; Ayrton Senna en 1988, 1990 e 1991. Brasil organizou varios eventos deportivos de gran escala. A nación organizou e foi sede do Mundial de 1950, da cal resultou subcampión perdendo a final contra o seu eterno rival, Uruguai, no estadio de Maracaná e ante mais de 200.000 persoas. E foi elixida para ser sede da edición de 2014.
![]() |
| Orixe da foto |
![]() |
| Gran Premio de Brasil |
Planificando a nosa viaxe a Xapón
Xapón é un arquipélago de 6852 illas, situado en Asia, e está poboada por 126.659.683habitantes repartidos nunha superficie 377.835 km2. A súa moeda é o yen (1JPY = 0,007 EUR) e a súa capital é Tokio, cidade que visitaremos nada máis chegar, xa que o día 17 de Abril saímos as 20:10 do aeroporto de Peinador (Vigo) e chegaremos as 12:50 o día 18 de Abril ao aeroporto Internacional Haneda (Tokio).
A viaxe é moi longa, así que polo camiño nos levamos cada un un dicionario español/xaponés ou galego/xaponés para practicar o idioma. Alí estaremos de visita un mes xa que queremos ver as cidades que comentamos na entrada anterior e o famoso monte Fuji etc... Os billetes custaranos 659 euros por adulto xa que os compraremos de ida solo.
![]() |
| http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/8/80/HND_Airport_Office_Building_1.jpg |
Ao chegar a Tokio, instalarémonos no hotel Nishitetsu Inn Shinjuku de 3 estrelas, o hotel nos custará 576 euros a cada un xa que quedamos 8 noites (18 en Xapón). Facémonos unha idea de como vai ser iso, moito edificio, hoteis,
restaurantes, templos etc... Temos pensado visitar o máximo posible,
aínda que temos que visitar catro cidades máis.
![]() |
| http://cdn.logitravel.com/contenidosShared/fotos/agregadorHotelero/fotos_hotelV3/1837/661/1/original.jpg?f=1310090931 |
mércores, 18 de decembro de 2013
Características xeráis de Estados Unidos
Moi boas de novo!
Aquí estamos de novo Andrea, Laura e Iria para informarvos da nosa esperada viaxe ás terras estadounidenses. Nesta estrada do que imos falar é das características xerais do país, na próxima entrada, faremos o mesmo pero dos estados que imos visitar.
Este enorme país de 9 826 675 km² (é o terceiro país máis grande do mundo), situado ao norte de América, ten como países fronteirizos a Canadá e México. A capital é Washington D. C.
![]() |
| Nome, bandeira e sello oficiais. (Captura da Wikipedia) |
Para saber a historia deste país encontramos unha páxina onde o explica brevemente e é doado de entender. Resumen da súa historia.
Como sistema político ten unha república federal constitucional, por iso está subdividido en, nin máis nin menos, que 50 estados (o que equivale ás comunidades autónomas de España pero con máis liberdade de poder). O seu presidente actual é Barack Obama.
O seu idioma é o inglés xa que foi parte da colonia británica. O español é un dos idiomas secundarios máis recorridos pola proximidade a México e porque a zona sur formou parte da coroa española.
Como moeda oficial usan os dólares estadounidenses, o que vén sendo 0,74 €.
En canto á cultura, Estados Unidos é una nación multicultural, fogar dunha ampla variedade de grupos étnicos, tradicións e valores. Tende a ser exportador de cultura, ademais de absorber outras tradicións culturais con relativa facilidade. A pesar de iso, mediante museos, teatro, cine, música, televisión, deportes, libros, as obras arquitectónicas ... conseguen manter a orixinaria e típica do país. Un dos exemplos é a serie de TV coñecidísima Los Simpsons onde se ven escenas moi típicas dos estadounidenses. En xeral, tenden a ser moi patriotas, case rozando o racismo.
The Star-Spangled Banner ('A bandeira tachada de estrelas') é o himno nacional; a bandeira consta de trece barras horizontais, sete vermellas e seis brancas alternadas, e un rectángulo azul con cincuenta estrelas brancas; e como símbolo nacional usan a aguia de cabeza branca.
![]() |
| Variedade xeográfica. (Imaxe importada da Wikipedia) |
Estados Unidos ten un clima, fauna e flora moi variado, cambia dependendo en que estado te atopes, varía de continental húmido no norte a húmido subtropical no sur e a desértico no sueste.
É un gran exportador de modas as cales son absorbidas pola xente de todo o mundo. Calquera moda que aparece, en un par de meses chega a outra parte do mundo. Este país é como un sistema de referencia en canto a moda se refire.
Como é un país tan influencial e importante cara o mundo, as proteccións de seguridade poden chegar a ser moi extremas. No caso do turismo, antes de comezar a viaxe, tes que cubrir un documento de permiso de turista (hai tres tipos de permisos: o de turista, o de estudante e o de traballador; cada un deles ofréceche unhas liberdades ou outras no país). Este permiso chámase ESTA e é un sistema de solicitude en liña, desenvolvido polo goberno de Estados Unidos para pre-examinar os pasaxeiros antes de permitirlle ingresar a Estados Unidos. Unha ESTA aprobada non garante o ingreso a Estados Unidos. Páxina onde solicitar a ESTA.
En canto as vacinas necesarias non hai ningunha obrigatoria pero si recomendan algunhas como é a de hepatite B, se non tivemos a enfermidade antes e se é que imos realizar algunhas actividades de risco.
E por último, as festas. Outra vez vemos a multicultura xa que aceptan a celebración de festas tradicionais doutros países. Pero como principais están:
·Día dos Caídos → último luns de maio.
·Día do Presidente → terceiro luns de febreiro.
·Hallowen → 31 de outubro.
·Día de Acción de Gracias → cuarto xoves de novembro.
·Venres negro → venres seguinte a Acción de Gracias.
·Labor Day → primeiro luns de setembro.
·Día de Martin Luther King → terceiro luns de xaneiro.
·Día da independencia → 4 de xullo.
·Día dos veteranos da guerra → 11 de novembro.
(Como curiosidade, os estadounidenses non soen facer coma nós á hora de fixar as festividades. Nós pomos unha fecha exacta dando igual en que día da semana coincida, mentres que eles soen fixar un día da semana dun mes sen lle importar en que número cadre.)
Etiquetas:
Andrea,
California,
características,
EEUU,
Iria,
Laura A.,
New York
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)






.gif)











