Blog da materia de Informática do IES Pedras Rubias
xoves, 19 de decembro de 2013
Deportes en Brasil
O fútbol é o deporte máis popular en Brasil. A selección de fútbol de Brasil gañou o Mundial en cinco ocasións, en 1958, 1962, 1970, 1994 e
en 2002, e tivo e ten na súa selección grandes xogadores como Ronaldinho,
Romario, Neymar...
O voleibol, o fútbol sala, o baloncesto, o skate, o automobilismo,
as artes marciais e o fútbol praia tamén gozan de gran popularidade no país. No
automobilismo, tres pilotos brasileiros gañaron oito veces o campionato mundial
de Fórmula 1: Emerson Fittipaldi en 1972 y 1974; Nelson Piquet en 1981, 1983 e
1987; Ayrton Senna en 1988, 1990 e 1991. Brasil organizou varios eventos
deportivos de gran escala. A nación organizou e foi sede do Mundial de 1950, da
cal resultou subcampión perdendo a final contra o seu eterno rival, Uruguai, no
estadio de Maracaná e ante mais de 200.000 persoas. E foi elixida para ser sede
da edición de 2014.
Ningún comentario:
Publicar un comentario