Nesta segunda entrada darémosvos un pouco de información sobre o noso país.
Hungría localízase en centroeuropa, fai fronteira con Austria, Eslovaquia, Ucrania, Rumanía, Serbia, Eslovenia e Croacia.
Para comprar cousas necesitaremos forintos, xa que é a moeda que se utiliza alá e de paso teremos que estudar un pouco de húngaro xa que é o seu idioma, senón a ver que facemos!!
Aquí tedes unha imaxe dos forintos:
Hungría ten unha extensión de 93.030 km2. Budapest, a súa capital, atópase nas dúas orillas do río Danubio. Esta situación xeográfica dálle un singular panorama: o río que formaba este territorio durante miles de anos, dálle un horizonte amplío e unha atmosfera aberta á cidade e, ao mesmo tempo, une as dúas partes Buda e Pest, de tal maneira harmoniosa, que se o visitante o observa desde o Bastión de Pescadores ou desde o Monte Géllert, debe recoñecer que está contemplando un dos panoramas máis fermosos do mundo. Por esta razón non soamente o barrio do Castelo de Buda está declarado como patrimonio de Unesco senón toda a vista que se ofrece desde alí a ambas ribeiras. Budapest cos seus case 2 millóns de habitantes é unha metrópole verdadeira europea e un importante destino turístico.
Temos pensado visitar varios lugares, por exemplo: O Parque Nacional de Aggtelek, Debrecen, Budapest, Györ, Hollókö...
Parque Nacional de Aggtelek |
O seu sistema de goberno é unha república parlamentaria.
Teñen unha rica tradición folclórica, a música tradicional húngara caracterízase por un ritmo dactílico. Tamén é famosa a súa artesanía que abarca bordados, alfarería, etc. Iremos visitar o Museo Nacional Húngaro (Magyar Nemzeti Múzeum) para familiarizarnos con todo isto.
Teñen unha rica tradición folclórica, a música tradicional húngara caracterízase por un ritmo dactílico. Tamén é famosa a súa artesanía que abarca bordados, alfarería, etc. Iremos visitar o Museo Nacional Húngaro (Magyar Nemzeti Múzeum) para familiarizarnos con todo isto.
Estivemos investigando sobre a súa moda pero non saberíamos como describila, por iso vos deixamos algunhas imaxes aquí:
Moda das mulleres |
Moda dos homes |
En Hungría tamén hai festas, polo tanto falaremos delas.:
Está claro que teñen algunhas en común con nós, por exemplo Ano Novo, Entroido, Navidade... Pero teñen outras diferentes e que poden resultar interesantes para os festeiros, como a Festa da Xelatina, a Festa Nacional de Hungría, o Festival de Kalaka... E moitas máis, oxalá poidamos asistir a algunha!!
En canto ao clima, cando máis calor fai é no verán, a primaveira ten un clima temperado, o inverno é moi largo e con frío e o seu outono é brumoso e chove.
Para emprender a nosa viaxe cara alá debemos ter o noso DNI e o pasaporte en regla, e con moita sorte escollemos un país no cal non fai falla vacinarse para entrar, menos mal, co pánico que nos dan as agullas!!
Seguirémosvos informando de como nos vai, un saúdo :)
Ningún comentario:
Publicar un comentario