sábado, 21 de decembro de 2013

Características de Australia

Foto sacada de: notinorbridge.blogspot.com
Para ir a Australia buscamos algo de información para ir un pouco enterados.
Australia ten a maioría da poboación na costa (o 90%), xa que unha terceira parte é deserto. A súa capital é Camberra, aínda que a cidade máis coñecida é Sydney (capital de Nova Gales). Falan o inglés australiano. A súa moeda é o dólar australiano (1 euro = 1'37 dólares).

Foto sacada de:
www.saladeinversion.com
Vamos ter que ir con roupa moi fresca, xa que alí hai máis de trescentos cincuenta días de sol ao ano, malo será que o mes que vaiamos non vaia calor. Pasaremos tardes nas praias de Sydney, pero temos que ter coidado porque as medusas máis perigrosas habitan na súa costa.

Foto sacada de: groups.google.com


Foto sacada de: 100curiosidadesdelmundo.blogspot.com
Temos unha clara obsesión por ver e dar de comer (e comer) canguros. O temos moi fácil, xa que hai máis de 40 millóns no país. Tamén queremos ver Koalas, e darlle de comer, pero comelos non. Na gran barreira de Coral bucearemos cos tabeiróns, e darémoslles de comer, a ver se non nos comen a nós.
Foto sacada de: www.telemundo47.com
 
Foto sacada de: elquiosco.mx

Foto sacada de: yahoraquehoraesenaustralia.blogspot.com 

Ningún comentario:

Publicar un comentario