mércores, 18 de decembro de 2013

Características xeráis de Estados Unidos

Moi boas de novo! 
Aquí estamos de novo Andrea, Laura e Iria para informarvos da nosa esperada viaxe ás terras estadounidenses. Nesta estrada do que imos falar é das características xerais do país, na próxima entrada, faremos o mesmo pero dos estados que imos visitar.

Este enorme país de 9 826 675 km² (é o terceiro país máis grande do mundo), situado ao norte de América, ten como países fronteirizos a Canadá e México. A capital é Washington D. C.
Nome, bandeira e sello oficiais. (Captura da Wikipedia)
Para saber a historia deste país encontramos unha páxina onde o explica brevemente e é doado de entender. Resumen da súa historia.
Como sistema político ten unha república federal constitucional, por iso está subdividido en, nin máis nin menos, que 50 estados (o que equivale ás comunidades autónomas de España pero con máis liberdade de poder). O seu presidente actual é Barack Obama.
O seu idioma é o inglés xa que foi parte da colonia británica. O español é un dos idiomas secundarios máis recorridos pola proximidade a México e porque a zona sur formou parte da coroa española.
Como moeda oficial usan os dólares estadounidenses, o que vén sendo 0,74 €.
En canto á cultura, Estados Unidos é una nación multicultural, fogar dunha ampla variedade de grupos étnicos, tradicións e valores. Tende a ser exportador de cultura, ademais de absorber outras tradicións culturais con relativa facilidade. A pesar de iso, mediante museos, teatro, cine, música, televisión, deportes, libros, as obras arquitectónicas ... conseguen manter a orixinaria e típica do país. Un dos exemplos é a serie de TV coñecidísima Los Simpsons onde se ven escenas moi típicas dos estadounidenses. En xeral, tenden a ser moi patriotas, case rozando o racismo. 
The Star-Spangled Banner ('A bandeira tachada de estrelas') é o himno nacional; a bandeira consta de trece barras horizontais, sete vermellas e seis brancas alternadas, e un rectángulo azul con cincuenta estrelas brancas; e como símbolo nacional usan a aguia de cabeza branca.
Variedade xeográfica. (Imaxe importada da Wikipedia)
Estados Unidos ten un clima, fauna e flora moi variado, cambia dependendo en que estado te atopes, varía de continental húmido no norte a húmido subtropical no sur e a desértico no sueste.
É un gran exportador de modas as cales son absorbidas pola xente de todo o mundo. Calquera moda que aparece, en un par de meses chega a outra parte do mundo. Este país é como un sistema de referencia en canto a moda se refire. 

Como é un país tan influencial e importante cara o mundo, as proteccións de seguridade poden chegar a ser moi extremas. No caso do turismo, antes de comezar a viaxe, tes que cubrir un documento de permiso de turista (hai tres tipos de permisos: o de turista, o de estudante e o de traballador; cada un deles ofréceche unhas liberdades ou outras no país). Este permiso chámase ESTA e é un sistema de solicitude en liña, desenvolvido polo goberno de Estados Unidos para pre-examinar os pasaxeiros antes de permitirlle ingresar a Estados Unidos. Unha ESTA aprobada non garante o ingreso a Estados Unidos. Páxina onde solicitar a ESTA.
En canto as vacinas necesarias non hai ningunha obrigatoria pero si recomendan algunhas como é a de hepatite B, se non tivemos a enfermidade antes e se é que imos realizar algunhas actividades de risco.

E por último, as festas. Outra vez vemos a multicultura xa que aceptan a celebración de festas tradicionais doutros países. Pero como principais están: 
·Día dos Caídos → último luns de maio.
·Día do Presidente → terceiro luns de febreiro.
·Hallowen → 31 de outubro.
·Día de Acción de Gracias → cuarto xoves de novembro.
·Venres negro → venres seguinte a Acción de Gracias.
·Labor Day → primeiro luns de setembro.
·Día de Martin Luther King → terceiro luns de xaneiro.
·Día da independencia → 4 de xullo.
·Día dos veteranos da guerra → 11 de novembro.

(Como curiosidade, os estadounidenses non soen facer coma nós á hora de fixar as festividades. Nós pomos unha fecha exacta dando igual en que día da semana coincida, mentres que eles soen fixar un día da semana dun mes sen lle importar en que número cadre.)



2 comentarios: