domingo, 23 de febreiro de 2014

Segundo día en Dubai.

Día 2:
http://www.skyscrapercity.com/showthread.php?t=743144
Erguémonos cedo, almorzamos e saímos dar una volta para coñecer a cidade onde íamos estar os próximos nove días. Paseamos polas rúas ata atoparnos sen darnos conta no Dubái Mall, o centro comercial máis grande do lugar.
Entramos nel e facemos unhas compras. Percorremos todas as tendas como podemos: Chanel, Dior, Zara...
Cara as dúas da tarde comemos nun dos restaurantes chamado o More The Dubai Mall no que puidemos degustar pratos de todas as culturas e admirar a Fonte de Dubai.
http://www.turismoenfotos.com
Volvemos ao hotel e alí un coche lévanos a un Safari no Deserto. Alí gozamos da fermosura das dunas, fixemos un emocionante circuíto por elas nun 4x4, e despois decidimos montar nun camelo e practicar un novo deporte para nós, o "Sandboarding". Este deporte consiste en descender as dunas cunha táboa de snowboard. 
En total unhas seis horas de apaixonantes aventuras desérticas.
Ao atardecer ceamos, barbacoa e bufete libre, baixo o resplandor do sol agochándose baixo as dunas.
E cando pensabamos que non podíamos gozar máis...  gozamos dun marabilloso espectáculo de danza do ventre. 
Cando xa era tarde decidimos voltar ao noso luxoso hotel. Cada unha diríxese a súa suite, para descansar despois deste incrible día.



sábado, 22 de febreiro de 2014

Básicos xaponeses

Ola de novo!

Esta vez presentarémosvos o esencial antes de viaxar a calquera país: a documentación que deberás achegar, as vacinas que necesitarás inxectarche antes de ir, se existe posibilidade de conflitos bélicos no territorio e os modais principais do lugar.

Primeiramente, dicir que o Estado xaponés é moi permisible en canto documentos a entregar se trata: non necesitarás nin o pasaporte biométrico ou electrónico, simplemente o pasaporte común.

Se falamos de enfermidades que poderás contraer, estamos ante temas maiores. Para ir a Xapón debes estar vacinado contra a difteria en adultos, o sarampelo, as papeiras, a rubéola e a varíola. Ademais, unha vez alí, examinarante para que non contraias a febre amarela e enfermidades similares.

Xapón foi partícipe das dúas Guerras Mundiais ata o momento, pero agora é un país ao que podes viaxar tranquilo. O único posible conflito bélico existente está entre o país nipón e China polas illas Senkaku (Diaoyu). O primeiro aduce que as illas son territorio seu dende 1895, pero o segundo argumenta que Diaoyu é identificado como territorio chinés dende 1785. 
 Illas Senkaku © www.zaichina.net
Por último, achegarémosvos datos xerais sobre a educación esencial en Xapón, a cal dividiremos por apartados:
  • Interactuando coas masas:
Os nipóns adoitan ser moi educados. Non falan alto e, de feito, é de mala educación mirar aos ollos á persoa coa que conversas. Ademais, son moi respectuosos e isto, ao principio, dálles unha aparencia fría ou tímida.
Esta aparencia acentúase debido a que non debes abrazalos ou darlles dous bicos cando os saúdas, posto que non saberán que facer. Dar a man é o costume internacional, aínda que a reverencia tamén é valida.
Debido a isto, os xaponeses non están afeitos ver parellas demostrando os seus sentimentos en público. Aínda que ninguén che dirá nada se o fas, poderán verte con mala cara.
  • Na rúa:
Nunca sinales a ninguén co dedo. No seu lugar debes inclinar a man, plana e de costado, para apuntar aquilo que desexes.
Tamén debes procurar non dicir non de forma rotunda, dado que para eles é sinal de mala educación. Se non estás de acordo con algo, ofrece outro punto de vista a ter en conta sen menosprezar a opinión do que se encontra en desacordo, intentado facelo cambiar de opinión.
Ademais, soar o nariz en público é de moi mala educación, así que ve a un lavabo para facelo.
Por outra parte, en Xapón está penado con multa tirar cousas ao chan e fumar nas rúas. Para evitar isto, utiliza as papeleiras, os cubos de lixo e as zonas chamadas smoking areas.

Smoking Area © mangaimeyotrascosas.blogspot.com
Como curiosidade, se tes algunha tatuaxe non poderás usar as piscinas ou os baños termais (onsen), xa que os xaponeses asocian as tatuaxes á mafia Yakuza.

Onsen © www.contentedtraveller.com
  • Nos transportes:
Nos trens xaponeses viáxase xeralmente en silencio, pois falar polo móbil, comer ou facer calquera ruído é de moi mala educación.
Espera a que a xente saia, respecta as colas e non empurres, posto que xa hai empregados que o farán por ti, por moi incrible que pareza.

Empurradores xaponeses © informaciondeviajes.blogspot.com
Por último, nas escaleiras mecánicas ponte a esquerda para non estorbar ós salary men e calquera que leve présa.
  • Comendo:
Deixar os palillos dentro dunha cunca ou prato é un mal sinal, así que procura deixalos enriba da mesa ou da cunca, nunca coas puntas tocando o interior. Cando non os uses, ponos sobre a mesa fronte a ti e mirando cara á esquerda.

Como usar os palillos © salonlaurel.wordpress.com
Ademais, obviamente, é de moi mala educación pasarse a comida dunha persoa a outra.

Por outro lado, cando bebas, primeiro debes servir a todos os demais e por último a ti. Xeralmente, cando remates de servir, alguén collerá a botella e servirache.

Por último, non deixes propina xa que en Xapón non as aceptan. É máis, pensarán que queres aparentar superioridade.

Ves? E xa está. Todas estas cousas son básicas para viaxar ao país nipón, esperamos que vos/nos sirva de axuda. Tentaremos non esquecelas. Chao!

venres, 21 de febreiro de 2014

Itinerario da viaxe a Australia I

Boas! Somos David Romero e Eusebio Leal, ímosvos contar o noso itinerario.

O 2 de Marzo, despegaremos do aeroporto de Barcelona facendo escala en Singapur. Xa temos decidido o que imos a facer os primeiros cinco días en Sidney.

Cando cheguemos, deixaremos as cousas no Adina Apartment Hotel Bondi Beach, e nesa mesma tarde comezaremos un curso de surf que durará tres días. Cando rematemos o primeiro día do curso iremos cear ao 360 Bar and Dining, e volveremos a durmir ao hotel para descansar.



No segundo día xantaremos no mesmo hotel e, ao rematar, faremos unha visita dunhas horas no Taronga Zoo, para ver aos desexados canguros e koalas. Ao sair do zoo, temos pensado facer un tour guíado polo famoso edificio da Ópera e logo cearemos no hotel.


 












No terceiro día seguiremos co noso cursiño de surf, ao rematalo, cearemos nun veleiro á luz das estrelas. 

No cuarto día almorzaremos nun cruceiro dunha hora e media polo porto de Sidney e despois iremos á praia para relaxarnos un pouco. Á mañá seguinte remataremos o curso de surf e comeremos carne de canguro no restaurante do hotel. Nese mesmo día partiremos cara  Melbourne, para pasar outros cinco día alí.



xoves, 20 de febreiro de 2014

Chegada a Budapest, Hungría

Xa chegamos a Hungría! 
Saímos de Santiago de Compostela o día 20 de marzo as 9:25h e chegamos a Budapest (Ferihegy) as 21:40h. Nada máis saír do aeroporto xa tivemos que coller o paraugas, como chovía!
Estaremos 8 días no centro de Budapest, neste tempo estaremos aloxados no hotel Regnum Residence.

Nestes nove días visitaremos diferentes sitios.
Día 1: Parlamento de Budapest e Praza dos Heroes.
Día 2: Bastión de Pescadores.
Día 3: Ópera de Budapest e Mercado Central.
Día 4: Laberinto do Castelo de Buda.
Día 5: Ponte das cadeas e Balneario Széchenyi.
Día 6: Aquincum e Basílica de San Esteban.
Día 7: Ciudadela de Budapest e Illa Margarida.
Día 8: Váci Utca e Avenida Andrássy.

Ímosvos contar un pouco sobre estes lugares:
  • O Parlamento de Budapest  é o edificio máis representativo da cidade, compónse de tres estancias: Escaleira Principal, Sala da Cúpula e Antigua Cámara Alta.
  • A Praza dos Héroes é unha das prazas máis importantes de Budapest. A súas estatuas conmemoran aos líderes das sete tribus fundadoras de Hungría.

  • O Bastión de Pescadores é un miradoiro desde o que teremos unhas moi boas vistas do parlamento de Budapest.
  • O Ópera de Budapest é un dos edificios neorrenacentistas máis importantes de Hungría.
  •  O Mercado Central é  o mais grande dos cinco mercados que se abriron a finais do século XIX.
  • O Laberinto do Castelo de Buda foi formado por covas, sótanos, celdas e manantiais que se extenden o largo de 1.200 metros. Agora é unha atracción turística.
  • A Ponte das Cadeas é a ponte máis antiga de Budapest situada no río Danubio.
  • O Balneario de Széchenyi é un dos recintos termais mais grandes de Europa.
  • O Aquincum foi unha importante cidade romana.
  •  A Basílica de San Esteban é o edificio relixioso mais grande de Hungria.
  • A Ciudadela de Budapest é o punto máis alto de Budapest e desde donde se conseguen as mellores vistas.
  • A Illa Margarida é unha illa situada no Danubio entre Buda e Pest. É un gram parque que ofrece zonas de relax e ocio.
  • A Váci Utca é unha das rúas máis importantes de Budapest a cal está repleta tendas, centros comerciais...
  • A Avenida Andrássy é unha das rúas mais emblemáticas de Budapest.

Esperamos que vos esté gustando a nosa viaxe por Hungría, seguiremos contándovos como nos vai, xa que despois de visitar Budapest faremos outro recorrido por outros lugares, un bico, rapaces e rapazas.

martes, 18 de febreiro de 2014

Día 1 Alemaña: Chegamos a Berlín

Ola amigos e amigas, bueno despois de moitas horas de voo, aquí estamos xa no Waldorf Astoria Berlín, un hotel de luxo no centro da cidade. Perdoade o atraso pero estabamos moi cansos para contar nada. Eu durmo nunha suite na azotea do hotel e Christopher máis abaixo, nunha habitación "normal". 
Agora vos ensinaremos o hotel, comecemos:


 
Habitacións:
     Habitación de Javier ( é a mellor, seino).


     Habitación de Christopher (gústalle o "sinxelo").
  • E aquí está a piscina do hotel 


 

Bonita ¿eh?. Na próxima publicación compartiremos con vós a nosa viaxe turística por Berlín.

domingo, 16 de febreiro de 2014

Partimos cara a Dubái

Día 1: Saímos cara a Dubái.

https://encrypted-tbn0.gstatic.com/images?q=tbn:ANd9GcReg9GDYPdcfd2Le1KhJD7T79TY5DMVNL11zH1Tk8_nvN4OdFIxkQComezamos esta apaixonante viaxe o xoves día 1 de maio e tardaremos 19h 40min en chegar ao noso destino. Voamos desde o aeroporto de Porto (Purtugal) ás 8:50 da mañá cara Londres, Reino Unido.
Chegamos ás 11:00 h á terminal S.Gatwich (LGW).

En Londres facemos unha pequena parada, alí comemos e vamos ao centro da cidade, visitamos o London Eye e ao Big Ben.
Por fin, ás 21:35 da noite partimos. Chegamos o venres 2 de maio ao Dubai International Airport ás 7:30 da mañá.

Ao chegar,  recollemos o coche que alugamos e imos ao noso hotel, o Burj Al Arab.

Pola mañá relaxámonos na praia xa que estamos cansas de estar no avión. Comemos nun dos bos restaurantes do noso hotel, degustando manxares típicos de Dubai como a Shawarma, que son unhas láminas de carne asada ao espeto e de sobremesa tomamos uns deliciosos doces árabes.

Despois de botarlle unha ollada ao noso marabilloso hotel, marchamos ao museo de Dubái para coñecer desde o primeiro día a súa historia. Este museo ofrécenos un bo percorrido pola historia de Dubái, desde os seus inicios ata a nova cidade. 

Pola noite, despois de cear, imos á discoteca máis popular de Dubai, que é a Planetarium ata ás duas da mañá.

venres, 14 de febreiro de 2014

Día 0. Chegada a San Petesburgo / Itinerario


 
Xa estamos en Rusia!
Saímos de Madrid e, en pouco máis de 4 horas, aterramos en San Petesburgo, no aeroporto de Pulkovo 2, (internacional).

Só con ver as estructuras da terminal quedamos sorprendidos e encantados pero ao sair fóra... tremexemos co frío!

Menos mal que xa nos estaba esperando o taxista para levarnos ao hotel.

Hospedámosnos no hotel Rocco Forte Astoria, que é un hotel de 5 estrelas, ao que chegamos en menos de media hora.
Ao desprendernos da equipaxe fomos dar unha pequena volta polos arredores, xa que estabamos moi cansos pero á vez entusiasmados.
Moi cerca do hotel, exactamente a menos de 5 minutos a pé, atópase a praza Isaakiyevskay.

Foto na praza de Isaakiyevskaya.
Seguimos camiñando e nos atopamos coa Biblioteca Nacional de Rusia. Irónico xa que non entendemos as letras do abecedario ruso.
Despois de facerlle unha pequena visita á bibiblioteca volvemos ao hotel, e botámoslle unha ollada ao itinerario da viaxe.

ITINERARIO DA NOSA VIAXE A RUSIA:

Día 0: Chegada a San Petersburgo. (4 Abril)
Día 1: Visita San Petersburgo. (5 Abril)
Día 2: Visita San Petersburgo (8 Abril)
Día 3:Visita San Petersburgo. (7 Abril)
Día 4: Visita Moscova. (8 Abril)
Día 5: Visita Moscova. (9 Abril)
Día 6: Visita Moscova. (10 Abril)
Día 7: Tren Transiberiano. (11 Abril)
Día 8: Transiberiano / Ekaterimburgo (12 Abril)
Día 9: Transiberiano / Irkutsk / Lago Baikal  (Listvianka) (13 Abril)
Día 10:  Transiberiano Terell (14 Abril)
Día 11:Transiberiano Ulan Bator (15 Abril)
Día 12:Aloxamento no Hotel (16 Abril)
Día 13:Visita Ulan Bator. (17 Abril)
Día 14:Visita Ulan Bator. (18 Abril)
Día 15:Vuelo a España. (19 Abril)