O 2 de Marzo, despegaremos do aeroporto de Barcelona facendo escala en Singapur. Xa temos decidido o que imos a facer os primeiros cinco días en Sidney.
Cando cheguemos, deixaremos as cousas no Adina Apartment Hotel Bondi Beach, e nesa mesma tarde comezaremos un curso de surf que durará tres días. Cando rematemos o primeiro día do curso iremos cear ao 360 Bar and Dining, e volveremos a durmir ao hotel para descansar.
No segundo día xantaremos no mesmo hotel e, ao rematar, faremos unha visita dunhas horas no Taronga Zoo, para ver aos desexados canguros e koalas. Ao sair do zoo, temos pensado facer un tour guíado polo famoso edificio da Ópera e logo cearemos no hotel.

No terceiro día seguiremos co noso cursiño de surf, ao rematalo, cearemos nun veleiro á luz das estrelas.
No cuarto día almorzaremos nun cruceiro dunha hora e media polo porto de Sidney e despois iremos á praia para relaxarnos un pouco. Á mañá seguinte remataremos o curso de surf e comeremos carne de canguro no restaurante do hotel. Nese mesmo día partiremos cara Melbourne, para pasar outros cinco día alí.
Que boas pinta ten esta viaxe! estou desexando partir cara alí e isto so é a mitade..
ResponderEliminar