Xa chegamos a Hungría!
Saímos de Santiago de Compostela o día 20 de marzo as 9:25h e chegamos a Budapest (Ferihegy) as 21:40h. Nada máis saír do aeroporto xa tivemos que coller o paraugas, como
chovía!
Estaremos 8 días no centro de Budapest, neste tempo estaremos aloxados no hotel Regnum Residence.
Nestes nove días visitaremos diferentes sitios.
Día 1: Parlamento de Budapest e Praza dos Heroes.
Día 2: Bastión de Pescadores.
Día 3: Ópera de Budapest e Mercado Central.
Día 4: Laberinto do Castelo de Buda.
Día 5: Ponte das cadeas e Balneario Széchenyi.
Día 6: Aquincum e Basílica de San Esteban.
Día 7: Ciudadela de Budapest e Illa Margarida.
Día 8: Váci Utca e Avenida Andrássy.
Ímosvos contar un pouco sobre estes lugares:
- O Parlamento de Budapest é o edificio máis representativo da cidade, compónse de tres estancias: Escaleira Principal, Sala da Cúpula e Antigua Cámara Alta.
- A Praza dos Héroes é unha das prazas máis importantes de Budapest. A súas estatuas conmemoran aos líderes das sete tribus fundadoras de Hungría.
- O Bastión de Pescadores é un miradoiro desde o que teremos unhas moi boas vistas do parlamento de Budapest.
- O Ópera de Budapest é un dos edificios neorrenacentistas máis importantes de Hungría.
- O Mercado Central é o mais grande dos cinco mercados que se abriron a finais do século XIX.
- O Laberinto do Castelo de Buda foi formado por covas, sótanos, celdas e manantiais que se extenden o largo de 1.200 metros. Agora é unha atracción turística.
- A Ponte das Cadeas é a ponte máis antiga de Budapest situada no río Danubio.
- O Balneario de Széchenyi é un dos recintos termais mais grandes de Europa.
- O Aquincum foi unha importante cidade romana.
- A Basílica de San Esteban é o edificio relixioso mais grande de Hungria.
- A Ciudadela de Budapest é o punto máis alto de Budapest e desde donde se conseguen as mellores vistas.
- A Illa Margarida é unha illa situada no Danubio entre Buda e Pest. É un gram parque que ofrece zonas de relax e ocio.
- A Váci Utca é unha das rúas máis importantes de Budapest a cal está repleta tendas, centros comerciais...
- A Avenida Andrássy é unha das rúas mais emblemáticas de Budapest.
Esperamos que vos esté gustando a nosa viaxe por Hungría, seguiremos contándovos como nos vai, xa que despois de visitar Budapest faremos outro recorrido por outros lugares, un bico, rapaces e rapazas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario