Durante a nosa estadía en Hungría paramos en Mohács, coincidindo co entroido. Este entroido é coñecido polos seus busós, que son personaxes con disfraces pavorosos. Aquí vos vou deixar unha imaxe deles:
A gran maioría dos busós van vestidos así, aínda que poden variar as máscaras. En Mohács chámanse Busójárás (camiñada dos busós), é unha celebración anual dos Socki que se leva a cabo ao final do Farsang (entroido). Esta festa inclúe a participación dos busós, música folclórica, baile de máscaras, desfiles e bailes. É unha festa realmente incrible!
Sandra e máis eu (Laura) intentamos buscar un disfrace de busó, pero non houbo maneira de atopalo, polo que nos decidimos a ir de cíngaras, un disfrace tamén bastante común neste entroido.
A verdade que o pasamos bastante ben, é bastante divertido como o celebran!
Aquí vos deixamos unha fotiño de como fomos disfrazadas:
Así rematamos as nosas entradas da viaxe a Hungría, esperamos que vos gustase tanto como a nós! Un saúdo!
Ningún comentario:
Publicar un comentario