domingo, 18 de maio de 2014

1º Día da nosa viaxe a Barcelona



                                                  Día

Chegamos a Calafell pola mañá. O autobús aparcou no paseo da praia e alí estivemos esperando ata que nos chamaran para ir coas maletas ao Hotel Ramblas Miramar.


Cando estabamos a pique de baixar do bus chegou Juan Carlos (curi), quen nos dixo que no hotel aínda tiñan que arrombar as habitacións porque houbera cambios, polo que tivemos que quedar naquel bus onde ía unha calor abafante 15 minutos máis. Despois disto baixamos do bus, collemos as maletas e dirixímonos ao hotel. Ao chegar aínda esperamos alí nuns sofás ata que chegaran Juan Carlos (curi) e Chefa coas chaves e empezaran a repartir as habitacións. E por se non chegara de espera, os dous ascensores nos que tiñamos que subir ían lentíiiisimos, menos mal que era un primeiro senón botabamos alí toda a mañá. (Nótase que estabamos desesperados por chegar!).


Entramos nas habitacións e desfixemos as maletas. Botamos na habitación máis ou menos   unha hora antes de baixar a comer no buffet do hotel, onde había de todo e podías comer o que quixeras. Logo fomos de novo ás habitacións, puxemos roupa deportiva, collemos roupa para mollar, subimos ao bus e puxemos rumbo a Vilanova i la Geltrú.


Unha vez alí, mudámonos e fomos á praia para participar nunhas actividades deportivas.  Dividíronnos en grupos mixtos de 10 persoas.

Primeiro montamos en segways durante media hora, nese tempo practicamos un pouco ata que o dominamos e fixemos unha serie de exercicios enriba deles, logo fixemos unha pequena competición contra os outros equipos para ver quen facía mellor puntuación. O seguinte foi unha xincana onde gañaron Jose Castro Martínez e Brais Estévez Martínez, deseguido fixemos kaiak durante unha hora: tivemos que ir ata unha boia, rodeala e volver á praia e, por último, participamos durante  media hora nun obradoiro mariñeiro para iniciarnos na Vela.

    
Cando rematamos as actividades fómonos cambiar e marchamos co autobús cara ao hotel, onde tivemos unha hora de tempo libre. Aproveitamos para ver mellor a zona e buscar unhas chanclas para Sergio Madarnás que as esquecera na casa.

Ás nove menos cuarto tiñamos que estar abaixo para cear. Cando rematamos de cear deixáronos ata as once e media de tempo libre, despois tiñamos que ir ás habitacións a durmir.

Ningún comentario:

Publicar un comentario