domingo, 17 de novembro de 2013

Como coñecimos Estados Unidos!


Moi boas!

Nós con ganas de viaxar xa!
Que mellor inicio que presentándonos así que... alá imos! Somos: Iria Pérez (4ºA), Laura Abalde (4ºA) e Andrea Vaqueiro (4ºB).

Pensamos en irnos de viaxe, tomar un mes sabático, e pasar unhas marabillosas vacacións xuntas, por iso eliximos un maxestoso destino onde poderemos facer realidade moitos soños desexados e vivir unha experiencia inesquecible. E que mellor destino que... ESTADOS UNIDOS!

Visitaremos New York e California.
Por que eliximos este inmenso país? Pois simplemente porque nos ofrece millóns de aventuras que facer, ademais, é uns dos nosos soños pisar as terras estadounidenses. Visitaremos varios estados, por iso vai ser... LEXEN..DARIO!
Iremos a New York e California (tamén temos a idea de pasarnos uns días polo estado de Montana coa fin de visitar o Parque Nacional de Yellowstone, o famoso parque dos debuxos animados do oso Yogui, pero aínda non está claro). Será unha viaxe do máis movidiña xa que a nosa lista de "Cousas que facer en EEUU" é inmensa.

Un dos principais motivos desta viaxe é a finalidade deportiva. Buscamos deportes típicos do país, como é o béisbol, baloncesto ou o surf na costa; e tamén deportes atípicos, de risco, como o paracaidismo, pontismo ou un pequeno viaxe en globo aerostático.
Irémonos de visita polos lugares máis representativos da zona de Los Ángeles e de New York.

Seguirémosvos informando das nosas aventuras pola zona norteamericana. Non volo perdades!

Un saúdo e ata próxima :)

3 comentarios: