domingo, 15 de decembro de 2013

Oh Canadá!

Canadá é unha monarquía parlamentaria federal de América. O país, situado no norte de Norteamérica, comparte fronteira cos Estados Unidos e é, despois de Rusia, o país máis grande do mundo.

Bandeira de Canadá.

        · Capital: Ottawa.
        · Cidade máis poboada: Toronto.
        · Idiomas: Inglés e francés.
        · Poboación total: 35.158.304 
        · Moeda: Dólar Canadiense.






XEOGRAFÍA E CLIMA

Montaxe de fotos de Ottawa.

A xeografía física de Canadá é moi variada. Os bosques boreais esténdense por todo o país. As rexións xeadas destacanse no ártico e nas Montañas Rochosas. As chas pradeiras no surleste facilitan a agricultura. No sureste , os Grandes Lagos alimentan o río San Lorenzo, onde a maior parte da poboación canadiense se atopa nas terras baixas.

A temperatura promedio en inverno e en verán varía según o lugar. Nas rexións interiores os invernos son duros, cunhas temperaturas diarias de -15ºC. A costa de Columbia Británica ten un clima máis cálido, pero chuvioso. Nas costas este e leste, polo xeral, as temperaturas non suben dos 20ºC. Mentres que entre as costas, en verán, as temperaturas oscilan entre os 25 e 30ºC.


IDIOMAS

Canadá é oficialmente un país bilingüe, co idioma francés amplamente estendido nas provincias orientais de Quebec e Novo Brunswick, no Ontario oriental, en comunidades específicas ó longo da súa parte occidental. O inglés é o idioma máis difundido na maior parte da nación, en lugares como Toronto, Ontario ou Vancouver.

sábado, 14 de decembro de 2013

"Ladies and gentlemen, Japan!"

Boas de novo! Esta vez Isa, Bárbara e Abraham vos imos presentar brevemente Xapón, dende a súa situación xeográfica ata a súa historia.

Xapón é unha illa nación da costa leste de Asia situada no océano Pacífico, que limita ao oeste co mar de Xapón, China, Corea do Norte, Corea do Sur e Rusia, ao norte co mar de Ojotsk e ao sur co mar de China Oriental e Taiwán.

Mapa de Xapón © es.wikipedia.org
Está formado por catro illas principais (Honshu, Shikoku, Kyushu e Hokkaido) e unhas 4.000 illas máis pequenas, abarcando en total uns 3.000 km de norte a sur e unha extensión de 377.835 km2.

O seu idioma oficial é o xaponés, o ainu e a familia das linguas ryukyuenses (aínda que as dúas últimas con perigo de desaparición pola súa posición marxinal) e tamén é común o coreano e o chino entre outras. A súa moeda é o yen (abreviado JPY e representado ¥), equivalente a 0’00718€, e o seu sistema de goberno é unha monarquía parlamentaria con Akihito como Emperador e Shinzo Abe como Primeiro Ministro.

E por último, vos deixamos cun libriño creado por nós en issuu onde poderedes informarvos sobre a complicada e guerreira historia do país nipón.

venres, 13 de decembro de 2013

Australia en cifras

   

Escudo de Australia
orixe da imaxe: commons.wikimedia.org
Australia está localizada na Latitude Sur y Lonxitude Oriental no continente de Oceanía.

Neste país fálase inglés e utilízase o Dolar Australiano ( 1EUR equivale a 1,49AUD ).
Conta cunha extensión de 7 692 024 km² e a súa capital é Camberra que conta cunha población de 345 000 habitantes. e unha superficie de 814,2 km².
                                                                                                          Ross Watson
commons.wikimedia.org
A historia deste país comeza coa chegada dos humáns ao seu continente fai 42.000 anos. Tempo despois mariñeiros españois e portugueses xa tiñan descuberto o lugar pero foron os neerlandeses os que comezaron coa súa historia escrita. Estes dixeron que o lugar era inhabitable deixando o camiño libre para os británicos.
            Gareth Koch
www.last.fm
Os asentamentos británicos foron utilizados como prisións para os presos desterrados.
Na súa cultura podemos atopar músicos ( Paul Newell Hester, músico australiano baterista das bandas de rock Split Enz e Crowded House ), pintores ( Ross Watson , pintor australiano famoso polas suas versións de cadros do pasado, nos que intercala figuras contemporáneas ) e deportistas. ( Curtis Good, futbolista australiano que xoga como defensor no Newcastle United da Premier League )
                                                   
                                                                                         Paul Newell Hester             
elbitgris.blogspot.com

O sistema de goberno deste país é unha Monarquía Constitucional Federal Parlamentaria , sistema de goberno onde o monarca ostenta a xefatura do estado, que é un poder simbólico.

O clima deste país (atópase no hemisferio sur e resulta atravesado polo trópico de capricornio) é tropical e temperado. Caracterízase por ter días claros ( sendo así un país onde chove pouco ) pero cando chove pode causar inundacións danos á fauna animal e o peche de estradas.

En inverno as temperaturas oscilan entre 5ºC pola mañá e chegando os 21ºC o mediodía volvendo a baixar pola noite. O inverno comeza en Maio e remata a finais de agosto.
    Curtis Good nun partido co seu equipo
www.dailymail.co.uk

O verán comeza a mediados de Decembro e rematando en Febreiro chéganse a alcanzar os 40ºC. 

mércores, 4 de decembro de 2013

Salcedenses por Xapón

Somos Rubén Pérez Romero e Kevin Iglesias Pereira e imos presentar o destino da nosa viaxe: Xapón que é un arquipélago situado no leste de Asia. Escollémolo por descarte, xa que os outros continentes xa estaban elixidos. Estivemos dubidando entre China e Xapón, pero finalmente decantámonos por Xapón pola súa cultura, historia, arte e lingua.

Xapón significa Terra Do Sol Nacente por iso na súa bandeira hai un circulo bermello que representa o Sol.

Temos pensado visitar algunhas cidades de Xapón como Tokio, Osaka, Kioto, Nagasaki e Fukushima ( temos curiosidade por ver como vai a  recuperación despois do terremoto do ano 2011). 
                                                  
Tamén queremos ver algúns templos relixiosos como o de Itsukushima, o de Zenkoji  e o de Honmonji, xa que transmiten a súa cultura e arte. Gustaríanos aproveitar para practicar algúns deportes típicos como kung-fu, karate e taekwondo (alí non reina o fútbol) e, para gozar da natureza pensamos visitar o Parque Nacional mais grande de Xapón chamado Daisetsuzan que consta de varios sistemas montañosos, volcáns, lagos pintorescos e densos bosques e, como non, o monte Fuji.


martes, 3 de decembro de 2013

Brasil

Ola, somos Brais, Diego e Jose e escollemos Brasil porque no ano 2014 celebrarase neste país a Copa do Mundo de fútbol. Co gallo deste evento veñen de crear unha páxina turísitica que contén vídeos fantásticos en 360º das doce cidades que van ser sede do campionato, se queredes velos premede AQUí.


A parte, daranos tempo a ver moitos dos seus lugares emblemáticos xa que quedan uns 6 meses para o Mundial.
 

Famosos monumentos como Cristo Redentor, estadio do Maracaná (o máis grande do mundo cunha capacidade de aproximadamente 100.000 persoas), circuíto  de Monza, catedral de Brasilia, parque nacional da Tixuca, praia de Copacabana, o famoso carnaval, museo Óscar Niemeyer, as cataratas do Iguazú, o Pan de Azucre, o Amazonas e moitos sitios máis.

luns, 2 de decembro de 2013

Destino Alemaña



Ola, somos Javier y Christopher e imos os dous a unha viaxe a Alemaña usando a imaxinación.
E por que? (Principalmente porque si non o facemos nos catean en informática), pero tamén hai outros motivos aínda que sexan distintos para cada un de nós.

· Christopher quere coñecer novas culturas, ver a Anxela Merkel, gozar coa paisaxe típica e desexa visitar Berlin e Munich.
·  Eu (Javi) quero comer en Frankfurt e ver as casas típicas de alí.
A verdade é que tamén porque oín que os alemáns teñen unha tecnoloxía bastante boa así que tamén é posible que podamos visitar algún que outro laboratorio a ver se é certo o que din na publicidade sobre os seus avances tecnolóxicos. 


domingo, 1 de decembro de 2013

Destino Hungría



Ola, somos Laura, Sandra e Fred, temos entre 14 e 16 anos, estudamos no I.E.S Pedras Rubias. Estamos en 4º da ESO e temos que facer un traballo para a asignatura de informática. Trátase de preparar unha viaxe ao país que nós queiramos  e buscar información como se fosemos a viaxar de verdade.

O país que nos escollemos foi Hungría porque nos parece moi interesante buscar cousas sobre a súa cultura, o seu idioma, a moeda, as súas festas...

Temos pensado visitar:

Aggtelek, Budapest, Debrecen, Neusiedlersee, Gyõr,  Hollókö, Hortobágy... Pois nos parecen uns sitios moi chamativos.

Seguiremos informándovos das nosas aventuras por Hungría, un saúdo!