Somos Rubén
Pérez Romero e Kevin Iglesias Pereira e imos presentar o destino da nosa viaxe: Xapón que é un arquipélago situado no
leste de Asia. Escollémolo por descarte, xa que os outros continentes xa estaban elixidos. Estivemos dubidando entre China e Xapón, pero finalmente decantámonos
por Xapón pola súa cultura, historia, arte e lingua.
Xapón significa Terra Do Sol Nacente por iso na súa bandeira hai un circulo bermello que representa o Sol.
Tamén queremos ver algúns templos
relixiosos como o de Itsukushima, o de Zenkoji
e o de Honmonji, xa que transmiten a súa cultura e arte. Gustaríanos aproveitar para practicar algúns deportes típicos como kung-fu, karate e taekwondo (alí non reina o fútbol) e, para gozar da natureza pensamos visitar o Parque Nacional mais grande de Xapón chamado Daisetsuzan que consta de varios sistemas montañosos, volcáns, lagos pintorescos e densos
bosques e, como non, o monte Fuji.
Moi bonita entrada, espero que o pasedes moi ben no voso viaxe e que vos riades moito co acento enfadado dos japoneses, un bico
ResponderEliminar