domingo, 30 de marzo de 2014

Día 1 e 2 en EEUU: Chegada a New York.

Hello people!
Por fin chegamos a New York despois dunha dura viaxe dende Madrid e sufrindo o chamado "jet lag".
Nesta entrada, en forma de diario, ímosvos falar do noso primeiro e segundo día nos Estados Unidos, concretamente, no primeiro destino: New York. 

Día 1 xullo. 

O día 30, despois dunha longa viaxe decidimos durmir a mona toda a tarde, e pasada xa a primeira noite, comezamos a nosa aventura por terras estadounidenses. 
Laura e Andrea no Jonh F. Kennedy Airport. (Iria sacou a foto)
No día 1 dedicámosnos a dar un paseo pola zona de Times Square, onde se encontra o noso marabilloso hotel.
Espertamos sobre as dez. Famentas, dirixímonos cara ó comedor do hotel para tomarnos un bo almorzo ao estilo estadounidense. Co estómago cheo, preparámonos para pasar todo o día fóra, paseando polo corazón de Manhattan. 
Sobre as doce, saímos do hotel e andamos un chisco ata chegar a zona máis carismática de Times Square. Entramos nunha chea de tendas enormes e repletas de cousas fascinantes. Despois, alucinadas pola cantidade de carteis, luces e persoas que aquel pequeno espazo abeiraba, dirixímonos cara á zona de Diamond District. Como as distancias dun sitio a outro eran curtas, decidimos facer todo o percorrido andando pero, debido á cantidade de xente que había, facíase bastante estresante chegar. 
Na entrada do Empire State Building.
Por última zona antes de ir xantar, andamos ata Garment District ou tamén denominado Fashion District, onde fartámonos de comprar roupa xa que había tanta cantidade de tendas que era imposible non gastar todos os números da tarxeta de crédito!
Nestas dúas zonas, xa non había tanta acumulación de persoas pero aínda así, había demasiadas para o que estamos acostumadas!
Cando nos demos conta, xa case pasara a hora de ir xantar, así que fomos o Carbone Ristorante, un restaurante italiano da zona de Garment District que nos tiña boa pinta. A verdade é que comemos xenial e agradecemos poder descansar un ratiño do noso percorrido. Sobre as catro e media, volvemos de novo a rúa. 
Pola tarde tiñamos pensado ir ó rañaceos máis famoso de NY,  o Empire State Building.
Camiñamos ata alí e foi sobre as cinco e media-seis cando chegamos. Tivemos que facer un chisco de cola para subir pero, a verdade, que pagou a pena.
As vistas dende o miradoiro do edificio eran incribles. Víase todo Manhattan, as persoas como formigas e infinidade de rañaceos!
Xa cansas, sobre as nove volvemos ao hotel pola carismática avenida Broadway, que de noite era moitísimo máis alucinante! Cando chegamos ao hotel eran as dez e media da noite, polo que fomos cear e, nada máis terminar, directas ás nosas habitacións para descansar por fin as pernas para o seguinte día.

Día 2 xullo

O día 2 o pasamos no barrio de MidTown (lugar máis importante de negocios da cidade). Esta zona está, como quen di, a un pasiño do noso hotel.
Como o día anterior fora tan intenso, decidimos durmir un pouco máis e ir almorzar fora. Preparámonos e sobre as doce saímos do hotel para ir ao Bryant Park (un parque de xardíns á francesa rodeado de rañaceos, tamén  coñecido como  Petit Luxembourg) a tomar o almorzo que collemos nunha tenda de doces que nos pillaba de camiño. Nel, estivemos sentadas polos seus verdes céspedes pasando o que quedaba de mañá. 
MidTown de noite, visto dende arriba.
Sobre as dúas do mediodía, fomos coller a comida nun sitio de comida rápida xa que, como almorzáramos tarde non tiñamos demasiada fame. O tomamos no parque e ó terminar, fomos a Biblioteca Pública de New York, unha das máis importantes do mundo, con maior contido de uso público e que está xusto ao lado do Bryant Park. Esta mañá sentounos de marabilla xa que pola tarde tiñamos planeado patear case toda a 5th Avenue. 
É unha das avenidas máis grandes de NY, xunto ca de Broadway. Esta está repleta de apartamentos de luxo, mansións históricas e ten unha das zonas de compras máis exclusivas do mundo; a denominan como "a rúa máis cara do mundo". 
Bryant Park. (Foto de Cerfon)
Nós, non parábamos de entrar en tendas e saír cunha chea de bolsas! Todo aquí era como un soño! Tamén puidemos ver e nalgúns entrar, sitios emblemáticos da avenida como son: Rockefeller Center, Saint Patrick’s Cathedral, Metropolitan Museum of Art, o cubo de Apple, entre moitos outros.
Esta tarde volvémonos a estresar debido a tal cantidade de xente que se acumulaba e, ademais tiñamos que ter coidado xa que ao ser unha zona adiñeirada, os ladróns estaban por todas as esquinas!
Sobre as nove volvemos ao hotel pero non para quedarnos porque esa noite tiñamos feito unha reserva nun restaurante da zona de Times Square con comida típica americana, Above. Para ir tiñamos que vestirnos algo máis elegantes. 
5th Avenue.
A cea estaba incrible, o sitio era xenial! Saímos de alí sobre as doce pero non volvemos ao hotel senón que decidimos probar o ambiente que ten NY de noite. No hotel recomendáronos un bar na 5th Avenue, que era un sitio de copas e cunhas vistas marabillosas polo que fomos probar (estaba vez en taxi). A verdade que non se pode comparar coas noites de troula en España pero o pasamos moi ben. Volvemos as tres da madrugada o hotel e cansas, durmimos como bebés.

Ata aquí os nosos dous primeiros días en NY. Volveremos cunha nova entrada moi pronto, ata entón, bye-bye!

sábado, 29 de marzo de 2014

Cuarto día en Dubai

Día 4:

http://www.starwoodhotels.com
Que mellor maneira de comezar o día que almorzar contemplando o claro amencer na espectacular azotea do noso hotel. A continuación dirixímonos co noso coche á Mezquita de Jumeirah situada en Al-Jumeirah Road. Alí esperabanos o noso guía en compaña dun grupo de turistas alemáns. 

Para poder realizar a visita da Mezquita tivemos que cubrir o pelo cun velo e levar unha vestimenta longa xa que alí non está permitido levar roupa curta. 

Durante a hora e cuarto que dura a visita, cóntannos que é a Mezquita máis importante de Dubai, debido a súa impresionante arquitectura e por ser a única á que poden acceder os non musulmáns.

Como xa era hora de xantar,  decidimos ir a un restaurante próximo, chamado Seaview. Alí degustamos o marisco que xa o botábamos de menos, posto que somos galegas. A verdade e que comemos moitísimo por tan só 180 dirhams por persoa que veñen sendo 36 euros.

http://travelview.es
A continuación desprazámonos ao Zoco de Bur Dubai situado no norte de Bur Dubai. O regateo, centos de cores, un ambiente que evoca o pasado son algúns dos ingredientes que converten este zoco nun lugar tan especial. Mercamos recordos, lámpadas, teas...

Despois deste visitamos os outros dous, o Zoco do Ouro e o das Especias (o máis antigo e onde gozamos das cores e os aromas).
Tras visitar estes maravillosos e sorprendentes lugares acabamos este esgotador día de visita e regateo.

venres, 28 de marzo de 2014

Cultura e deporte do sur de Francia

Nesta entrada comentaremos a cultura e o deporte propio do sur de Francia. A continuación faremos unha pequena introdución das cidades que visitaremos:
Niza:
http://ww.turismosantillanadelmar.com
http://mundoviajero.wordpress.com
- CULTURA: Posúe numerosos museos adicados ao arte; Museo das Belas Artes, Museo Matisse, Museo Marc-Chagall, Museo da Historia Natural de Niza. Tamén ten unha rede de bibliotecas, constituída por unha central, 11 locais e unha patrimonial do estudo. A gastronomía nizarda está influída pola italiana. Hai un baile tradicional nizardo chamado "Farandola", e atópanse festas locais como; Os Carnavais de Niza e a Batalla de Flores.               
http://www.culturevelo.com
 - DEPORTE: Unha das máis importantes citas do ciclismo atópase en Niza; a chamada París-Niza, unha etapa que concorre dende París ata Niza. Niza posúe un equipo de fútbol, o Olympique Gymnaste Club de Nice Côte d´Azur (OGC Niza). Tiña un equipo de Rugby, pero desapareceu en 2001 por problemas financeiros. Facía 15 anos que non se disputaba o Open de tenis de Niza, pero este ano volverase a facer. Niza foi sede en 2000 e 2012 do Campionato Mundial de Patinaxe Artístico.
   


- Grasse:
http://www.roncalia.com
     - CULTURA: A baséase nas industria da perfumería; isto pode parecer extraño, xa que a industria ten potencia económica, pero neste caso, moita xente coñece Grasse pola perfumería.
   - DEPORTE: O deporte por excelencia nestas terras montañosas é o esquí de fondo.



- Cannes:
     - CULTURA: A cita máis importante desta cidade, é sen dúbida o Festival de Cannes; un acto ó que acoden grandes artistas do sétimo arte. O parecido da pronunciación entre Cannes e Cans ( O Porriño ) fixo que se creara no ano 2004 o Festival de Cans, un festival de curtametraxes na que participan artistas maioritariamente galegos.
http://lesfestivales.blogspot.com
      -DEPORTE: Non ten moita importancia en Cannes, pero do 20 ó 27 de setembro, cada ano celébranse as Regatas Reais de Vela. Tamén ten un equipo de fútbol, o C. F. Cannes que xoga na 4ª división francesa.

- Antibes:
     - CULTURA: Os museos máis importantes son: Museo de Picasso, repleto de cadros do autor, e o Museo de Napoleón, cuxa exposición está adicada á vida e á actividade do gran emperador. Conta cun gran parque acuático chamado Marineland, ó que acudiremos no aniversario de Rodrigo.
http://www.zoochat.com

http://www.lanouvellerepublique.fr
 - DEPORTE: Conta cun complexo futbolístico; Soccer Park Antibes no que se realizan torneos de Fútbol Indoor. Antibes conta cun equipo de fútbol, AS Fontonne que xoga na División de Honor do Mediterráneo.

xoves, 27 de marzo de 2014

Marabilloso percorrido por Alaska

Velaquí tedes, presentado nun "Issuu", o itinerario que percorremos na nosa gran e inesquecible viaxe imaxinaria. Quen sabe se algún día deixa de ser un soño para converterse nunha realidade. Aquí está:

A continuación, deixámosvos un vídeo onde nos ensinan unhas asombrosas auroras boreais. Sentimos profundamente que non sexan imaxes captadas en Alaska, senón en Noruega (non fomos quen de atopar un vídeo da mesma calidade gravado en Alaska). Definitivamente as luces do norte son impresionantes!


Monte Fuji

Boas!

O Monte Fuji (Fuji-san en xaponés) é o pico máis alto de todo Xapón (3776 m), non solo é unha montaña senón que tamén é un volcán. É o máis fotografado do país. Actualmente é un coñecido destino turístico, así como un destino popular para practicar o alpinismo. O ideal e subir a tempo para ver a saída do sol dende a cima da montaña. Nós non temos pensado escalar, xa que hai que estar moi preparados, ademais os meses de excelencia para a práctica deste deporte son xullo e agosto, a montaña só está "aberta" dende o 1 de xullo ata o 28 de agosto, cando non está cuberta de neve.

Temos pensado ir ata alí para ver as magníficas vistas e sacarnos fotos para ter un gran recordo do lugar. Os xaponeses din "Todo xaponés ten que visitar o monte Fuji antes de morrer".

 

mércores, 19 de marzo de 2014

Itinerario de Australia por Jorge, Junior e Christian 2/2

O día 19 sairemos do hotel de Melbourne (Crowne Towers Hotel) 247€/noite, para dirixírmonos ao Xardín Botánico. O Xardín Botánico de Melbourne atópase entre os mellores de Australia e do mundo, é gratuíto e parécenos un dos mellores lugares dentro da cidade para pasar un día. Despois, iremos descansar e comer algo o The Colonial Tramcar Restaurant (74€/persoa), no que probaremos comida típica de Australia. Logo iremos ao Melbourne Museum, no que faremos actividades para aprender.
www.vacationsandtravelmag.com

www.visitbrisbane.com.au
O día 20 viaxaremos a Brisbane onde nos aloxaremos no  Treasury Hotel and Casino (175€/noite). Pola tarde imos ir visitar a ponte ''Story Bridge'' cruzaremos andando por ela dun lado ao outro. Á noite iremos cear ao restaurante ''Zafrón'' (15-23€/persoa).



visitperthcity.com



Ao día seguinte viaxaremos á cidade de Perth e dirixirémonos ao hotel Hyatt Regency Perth (190€/noite). Á tarde iremos ao Water Labyrinth, onde gozaremos coas fontes facendo formas na auga. Cearemos alí xa que na praza hai vendedores ambulantes, que venden comida de todo o mundo.





O día 22 durmiremos no Hotel Grant Chancello Adelaide on Hyndley en Adelaida (93 €/noite). Á tarde iremos á Galería de Arte do Sur de Australia (20 €/persoa). En toda a tarde veremos máis de 3000 obras de arte. Á noite cearemos a no restaurante Georges on Waymouth (25€/menú).