LUNS 7
Levantámonos moi cedo e Ainhoa, para animar o ambiente, púxonos música house a todo volume e así fíxosenos máis ameno erguernos.
Almorzamos e dirixímonos cara Barcelona. Todos estabamos entusiasmados por coñecer a cidade.
O primeiro que visitamos foi a Catedral de Barcelona, a guía turística que nos acompañou en todo momento, explicounos que está adicada a Santa Eulalia, patroa da cidade. Ademais do exterior visitamos o interior, contemplamos a súa gran estrutura e dimensións, a cripta da patroa, o seu marabilloso xardín, fantástico para tirar fotografías e as sete ocas que alí se atopaban.
Seguidamente fomos as Ramblas, nós xa tiñamos visitado antes Barcelona, e recordabámolas cheas de mimos. Foi toda unha sorpresa atopar só un. Explicáronnos que era debido aos permisos que esixía o concello. Ó final atópase o monumento a Colón, que no seu interior ten un ascensor que permite subir ata a semiesfera.
Ao rematar de ver as Ramblas dirixímonos ao porto vello de Barcelona, que se atopaba moi cerca, alí xantamos no centro comercial Maremagnum e gozamos dunha hora de compras, que aproveitamos ao máximo.
Montamos no bus e fomos rumbo ao Tibidabo no que puidemos admirar as fantásticas vistas que se contemplaban dende alí, neste lugar tiramos moitísimas fotos.
Despois de tanto camiñar puidemos subir ao bus e por fin descansar. Ao chegar ao hotel duchámonos e baixamos cear e de alí directas á cama. Estabamos moi cansos, tanto que e nin pedimos para saír...
Ningún comentario:
Publicar un comentario