A celebración do Día do Orgullo Gay naceu a raíz dos disturbios de Stonewall, ocorridos en Nova York o 28 de xuño de 1969 cando a policía levou a cabo unha redada no Stonewall Inn, bar de ambiente situado en Christopher Street, rúa do barrio do West Village de Manhattan. Ao ano seguinte, para conmemorar esta data, celebráronse en distintas cidades norteamericanas manifestacións reclamando dereitos e visibilidade para o colectivo e creando un movemento de liberación LGBT. Esta data coñécese como o Christopher Street Day e como xa vos comentei é o antecedente do Día do Orgullo Gay.
Uns poucos anos máis tarde... en setembro de 1996, nacín eu, e dá a gran casualidade que me chamo Christopher e tamén son gay... sorprendidos verdade? Este é o meu Blog:
I'M GAY (con orgullo)
Uns poucos anos máis tarde... en setembro de 1996, nacín eu, e dá a gran casualidade que me chamo Christopher e tamén son gay... sorprendidos verdade? Este é o meu Blog:
I'M GAY (con orgullo)
Berlín acolleu a Europride, a cita gay máis importante de Europa, en 1993 e nesa ocasión atraeu a 1,2 millóns de persoas. A maioría das cidades de Alemaña tamén teñen a súa celebración do día do Orgullo .
Para vivir en Berlín o Orgullo Gay 2014, a mellor opción é alugar un apartamento no centro da cidade e gozar de todas as actividades que este festival ofrece este día especial. A celebración 2014 promete ter todo isto e moito máis para volver a ser un dos eventos máis divertidos en Alemaña e en Europa. Coa súa festa do Orgullo Gay 2014, Berlín, unha vez máis xustifica á súa reputación de cidade da cultura, artística e simbólica.
Centos de miles de persoas celebrando nas rúas, cheas de cor, música e traxes e, sobre todo, as mensaxes para reivindicar unha maior tolerancia e respecto para gays, lesbianas, bisexuais e transexuais. De feito, considérase que Berlín celebra unha das mellores festas do Orgullo Gay en Europa, mentres, estou impaciente por asistir, para expresarme e pasar un bo rato.
Ningún comentario:
Publicar un comentario