Ola, falaremos brevemente dos diferentes museos que veremos polo Sur de Francia.
www.oca.eu |
-NIZA
-Observatorio da costa azul: Comezouse a construír no 1879 polo banqueiro Raphaël Dischoffsheim e o arquitecto desta obra foi Charles Garnier. Fundouse no 1887. O telescopio refractor de 76 cm comenzou a operar sendo o maior nun observatorio de uso privado e o primeiro a esa elevada altitude (325 m). Este observatorio xa non esixte como institución científica independente, fusionouse en 1986 co CERGA (Centro de Investigación en Xeodinámica e Astrometría de Francia) para formar o observatorio da Costa Azul.
- CANNES
diariesofanexplorer.blogspot.com |
-Musée de la Castre: Está situado na parte vella da cidade, na ruína do castelo. Este museo está catalogado como monumento histórico. Comezou co legado dunha colección no ano 1887. Móstranos en pequenas salas presentacións de pequenas coleccións de arte e de diversos obxectos oceánicos, africanos e precolombinos. A capela de santa Ana, integrada no mesmo, data do século XIII e presenta a colección de instrumentos musicais antigos.
-Museo do mar: O museo do mar atópase nun dos edificios do forte da illa margarita, pertencente á cidade de Cannes.Trátase dun pequeno museo, máis ben un acuario xa que nel pódense encontrar diversas especies mariñas. Aínda que é moi pequeno paga a pena visitalo xa que nel encóntranse moitas variedades mariñas. Como a visita non leva moito tempo, podemos acercarnos tamén ao MALMAISON, o que antigamente era unha galería de arte, reconvertido agora nun museo moi interesante.
- ANTIBES
minube.com |
- Museo do perfume: O museo Fragonard de Cannes é unha das perfumerías máis coñecidas do país, xa que continúa creando fragrancias dende 1926. Aloxado nunha mansión do século XIX, o seu interior alberga perfumes con 3000 anos de historia. Nas diversas salas atoparemos todas as preparacións e segredos da destilación dos perfumes. Tamén forman parte da exposición xabón e cosméticos que abarcan un período
de catro milenios.
Ningún comentario:
Publicar un comentario