domingo, 22 de xuño de 2014

Kevin, viaxe a BCN e día 1

Nesta viaxe de fin de curso decidimos ir ata Calafell, en Tarragona. A saída dende Salceda foi as 10 da noite, eu cheguei sobre as 10:05 e, ao chegar, encontreime con que todos os alumnos xa estaban dentro do autobús e estaban esperando por min, que era o último en chegar. Non pensei que foran ser todos tan puntuais...

DÍA 1

A viaxe en autobús foi horrible, non sei que era peor, se a calor que facía na parte traseira producida polo motor ou o cheiro a humanidade que aromatizaba o corredor ata chegar o nariz impedíndome respirar.  Despois de tres paradas e unha viaxe eterna case sen durmir, chegamos por fin o pobo de Calafell, un pobo cheo de vellos xubilados. Calafell e fantástico, xa que a uns 100 metros da urbanización atópase a praia de Calafell, que é unha praia bastante grande rodeada de tendas.

Unha vez alí, camiñamos coa pesada maleta e instalámonos no Hotel Miramar, un hotel cheo de vellos giris buscando onde gastar a súa pensión. Despois dun pequeno descanso, os profesores mandáronos facer unha quedada no vestíbulo, onde había uns cómodos sofás, para ir xantar todos xuntos no buffet do hotel. O buffet gustoulle a pouca xente, aínda que na miña opinión e gusto, comíase ben, xa que case sempre había pizza, pasta con salsa de tomate, patacas fritidas, etc. Aproveiteino e me puxen as botas, o que fixo que engordara 4 Kg nesta excursión.

Máis tarde viaxamos a Vilanova i la Geltrú, onde nos esperaban divertidas actividades nunha gincana que duraba unha hora, 30 minutos montando en segway, e outros 30 nun obradoiro mariñeiro. Por último fixemos a viaxe de volta cara ó hotel, ao chegar ceamos e durmimos pronto, xa que estabamos todos moi cansos.

sábado, 21 de xuño de 2014

O segundo día de David en Barcelona


Pola mañá erginme as 8 h, un pouco cedo para estar de vacacións pero como só ía estar hai dous días máis quixen aproveitar o bo tempo que ali facia e os primeiros raios do solpara ir correr por arredores do barrio onde viviua meu p`rimo e dr un paseo con can del.
En torno as 9 xa estaba de volta, debido a que o sol xa empezaba a quentar demasiado, nada mais chegar metinme na piscina e refresqueime durante media hora ou mais facendo o parvo ali. O sair serian as 9:45 e cando entrei xa estaban todos despertos e co desayuno na mesa almorcei  e comezamos o noso viaxe cara a Barcelona.
Fomos en metro hasta  Barcelona centro, ali visitamos A Sagrada familia, as calles de barcelona algunhas das obras de gaudi e comemos, pola tarde volvemos para tarragona, e estivemos na piscina de relax, logo cenamos e funme a durmir un pouco triste poque sabia que aquela era a miña ultima noite na casa de meu primo. 

Piazza del Campo en Siena

Tras visitar a Abadía De San Galgano, e despois de durmir unhas cantas horas, dispóñome a pasar o meu segundo dia en Siena e, como me queda preto, visitarei a Praza Do Campo.

Como xa fixen na entrada anterior, falareivos de súa historia e dos eventos que se realizan anualmente nela.

Considerada unha obra mestra da arquitectura medieval, construíuse nun complexo terreo e é a causa da súa característica e orixinal inclinación.

Ten forma de cuncha e está situada no centro da cidade, no mesmo lugar no que se atopaba o antigo foro romano de Siena. A praza está inclinada. Na parte superior hai unha gran fonte, a Fonte gala, inaugurada en 1348.

Estou marabillado! Este lugar e fascinante, incrible e fermosisimo.
Nestes momentos apréciase un notable tránsito peonil. Estou  buscando a maneira de poder entra na torre da praza ou nalgunha azotea para poder fotografar a praza dende arriba...
Falei cun home que entraba cara a súa casa e tras conversar un rato aceptou deixarme subir para fotografar o meu obxectivo...velaí vai o resultado:


Cando era un rapaz, meu pai ensinoume un pouco de italiano, e grazas a iso resúltame máis doado entender o que me están a dicir.

Tamén souben que nesta gran praza celébranse unhas carreiras de cabalos anuais, as Carreiras do Palio, unha competición entre as contradas de Siena nunha carreira hípica medieval que ten lugar dúas veces ao ano, unha o 2 de xullo (na honra da Virxe de Provenzano) e a outra o 16 de agosto (na honra de Asunción da Virxe).
En cada  Palio parten só dez contradas, as sete que non participaron o ano anterior e tres máis elixidas por sorteo, e de acordo cun cambio de xullo a xullo e de agosto, en agosto. O mecanismo é o seguinte: 

O Palio gáñao o cabalo, con ou sen un cabaleiro, despois de cumprir tres veces ao redor da praza no sentido do horario. A liña de chegada, marcada por unha bandeira, está na mesma zona, sen corresponder exactamente á liña de partida. O premio para o barrio é o palio, ou drappellone ou cencio, bandeira de seda rectangular pintada e posta verticalmente nun poste branco e negro e montado nunha placa de prata con dúas plumas negras e brancas que descenden lateralmente.  

David vai a Barcelona.



      
 Ola amigos!!

Nesta entrada vouvos contar a experiencia da miña viaxe coa miña familia a Barcelona, a visitar a un primo que vive ali.

Foi unha viaxe de 3 días nos que vos vou contar todo o que vin e visitei por Barcelona e Tarragona, que é ali onde vive meu primo.

Viaxamos en coche, a principios de Agosto, foi unha viaxe moi longa e agotadora. Fixemos moitas paradas, unha delas en Zaragoza.




Chegamos a Tarragona que e donde vive meu primo, desfixemos as maletas e comemos.
Pola tarde dinme un baño na piscina, e logo diriximonos a dar unha volta pola veira da playa por clafell tomamos algo nunha terraza e volvemos para casa cenamos eu funme a dormir ya que o proximo dia iba ser moi dificil  e iba ter que andar muito.







































































venres, 20 de xuño de 2014

As dobre M van a PortAventura


Que desgusto tan grande! O último día da viaxe xa chegara e todos tristes comezamos a recoller as nosas cousas (teriamos que telas recollido a noite anterior pero... a cabeza non daba para máis). A verdade é que a viaxe fora estupenda, que formaramos unha pequena familia onde todos falaban con todos e non había unha palabra mala para ninguén. 
Pomos as nosas maletas cheíñas de agasallos e de bos recordos ás costas e despedímonos do hotel Miramar, 

Organizamos a nosa equipaxe no bus, e veña, poñémonos de camiño a PortAventura, o gran parque de atraccións de Tarragona. Era o primeiro día que abría esta tempada e por iso estaba repleto de xente. 

Unha vez alí, tirámonos na entrada e quedamos a durmir, uns por riba doutros, xa que estabamos cansos da festa da noite anterior. Tardaron case dúas horas en darnos as entradas polo barullo de xente que había, e cando por fin as tiñamos nas nosas mans fomos para dentro con toda a ilusión. Pero esa ilusión rematou cando vimos as tremendas colas das atraccións; tiñas que esperar como mínimo dúas horas para gozar de 30 segundos de atracción! 

Neste día, nolas dúas non estivemos xuntas practicamente, pero si subimos xuntas á primeira máquina do día, o Furious Baco. Estivemos un montón de tempo na cola e, de repente, din que houbo un problema técnico e que paraban a atracción. Gracias a iso marchou un montón de xente e nós quedamos moito máis cerquiña do principio da cola, a verdade é que toda espera pagou a pena. Que incrible foi! Descargamos toda a adrenalina que levabamos dentro.

Logo fomos comer á Cantina mexicana, onde hai que dicir que a comida era noxenta: uns macarróns que ata un neno pequeno fai mellor, e unha carne que non quedou claro se era comestible ou estaba para adornar o prato. 

Despois da comida, cada unha de nós foise por un lado, Marisé montou no Dragon Khan, na caída libre e outra da cal non lembramos o nome; María probou o Shambala e unhas máis pequeniñas. 

Marisé, Sebi, Andrea, Jose, Gwen, Cecilia, Lois, Nerea e Tamara, na cola do Dragon Khan, tiveron unha certa discusión cunha moza que ía por aí colándose e molestando á xente. Levaba un micrófono de xoguete e facíanos preguntas bobas, non nos deixaba tranquilos e molestábanos, así que eu, Marisé, farteime un pouco e díxenlle que nos deixara en paz, que se quería falar falase pero con outra xente. Púxose un pouco farruca e nos deixou en paz pero logo tentou colarse por debaixo das barras, así que a collín pola chaqueta e díxenlle que non fora tan lista, que todos queríamos apurar pero estabamos esperando, así que ela tamén. Tras un cruce de miradas asasinas, colleu e volveu para o seu sitio. Pagou a pena ter que aguantala porque a experiencia do Dragon Khan foi incrible. Nerea non deixaba de dicir que quería baixar, que non sabía para que subira, que non quería estar alí, pero logo estaba toda contenta  e non paraba de rir, iso si, un dos da organización levou todo un piropo dela cando parou a atracción.

Non podemos contar moito máis de este día porque todo se resume en esperar colas, tirar fotos e facer o parvo coma sempre. 

Ás sete da tarde, todos reunidos na fonte, preparabámosnos para marchar. Oficialmente a viaxe tocaba o seu fin, Galicia estábanos esperando cos brazos abertos e os oídos tamén, para escoitar todas as nosas aventuras. 

Adeus, adeus Barcelona, cada un no seu sitio sentado co seu acompañante falaba e contábanse todo tipo de cousas, a maioría estaban espertos porque era cedo e aínda había que facer a parada para cea, iso si, foi parar a cear e todo o mundo comezou a durmir naquel bus, que máis que un bus era unha sauna, non vos podedes nin imaxinar o calor que alí ía, parecía que te abafabas ata.

Os de atrás estabamos mortos de calor e os de diante pedindo que puxeran a calefacción, pero aquilo era realmente agoniante, so respirabas cando facían as paradas de descanso. 

No bus, como non, os únicos que falaban algo eran Sergio, Héctor, Lois e Marisé aínda que Héctor estaba maliño. 

Para rematar, chegamos a Salceda, todos os nosos familiares estábannos esperando, algúns desexando que volvéramos e outros que marcharamos de novo. Despedímonos dos nosos compañeiros sabendo que os íamos botar de menos e ala, a gozar da Semana Santa. E aquí está a nosa última entrada. Xa sabedes case tanto da nosa viaxe coma nós.

Último día en Barcelona City (Brasil)

Despois dunha noite de festa na discoteca Nicky's, pasando, como sempre polo On Sempre, levantámonos e coas maletas xa feitas fomos almorzar. 

Montamos todo no bus e este nos levou ata o gran parque de atraccións PortAventura.



Estivemos esperando un bo rato no aparcamento para que o Curi fose a polas entradas.   
Agardamos sobre unha hora tumbados no chan ao lado dos coches (algúns durmindo) ata que puidemos entrar. Xa dentro, os profes dixéronnos que ás dúas tiñamos que estar no restaurante para comer, aínda que bastante xente chegou moi tarde, pero non pasou nada. Só puidemos montar en atraccións contadas porque as colas eran de entre cincuenta minutos e unha hora e media, pero iso nas máis grandes. As máis chulas eran Dragon Khan, Caida libre e o Shambala. 







Tras unha tarde moi cansa, reunímosnos na entrada do parque xa para coller o bus e ir para Salceda, facendo varias paradas en estación de servicio e chegando as dez da mañá. Remataba así unha gran excursion cos compañeiros de cuarto da ESO.

                                                           ENORMES!!

                                                               

5º dia en Barcelona City (Brasil)

Xa estabamos no quinto e penúltimo día da excursión, e realmente o tempo pasaba voando. O importante era que nolo estabamos pasando xenial, e este xoves prometía moito porque estaría cheo de actividades.
Como cada día, seguimos o mesmo ritual de espertar cedo, almorzar, coller a caixa do pícnic e subir ao bus, que nos levaría a Vilanova i la Geltrú. Unha praia moi grande e cun clima incrible.


Desta vez para realizar actividades marítimas, como Vela e Kayak. Estabamos moi excitados porque era unha experiencia que moi poucos tiñan vivido. A verdade é que a maioría non tiña experiencia, pero foi moi divertido e emocionante.

Dividíronnos en dous grupos, e antes de comezar, os monitores nos deron unha pequena clase básica. Cada grupo ocupou unha hora de actividade e pasámolo moi ben.




Chegou a hora de coller o pícnic e ir comer a un parque situado a uns poucos metros da praia. Despois de relaxarnos un pouco e aproveitar para durmir, volvemos á praia para xogar ao "voley" e ao fútbol praia.














Dividímonos en 4 equipos, dous para xogar ao fútbol e os outros dous ao voley.



Xa eran as 7 cando marchamos para o bus e volvemos ao hotel, estabamos cansos despois de tanto esforzo. Chegamos ao hotel sobre as 8 e logo fomos cear. Pero antes preparamos as maletas, porque cada vez quedaba menos para ir a Portaventura. Despois quedamos en ir á discoteca "Nicky´s" xa que era a última noite e había que dalo todo!

Aproveitamos ao máximo esta derradeira noite e, como era de esperar, volvemos ao hotel tarde, dispostos a descansar para o día seguinte ir a PORTAVENTURA!

NOTA: As comiñas se poñen con shift + a tecla do número 2, non cos acentos graves e agudos.

De Uruguai a Galicia. A miña viaxe

Ola de novo!

Hoxe vouvos relatar a viaxe que tiven que facer cando eu e a miña familia deixamos Uruguai para vir vivir aquí. Unha viaxe moi longa que durou en total dous días. Dous días vivindo de avión en avión con toda a miña familia.


O primeiro aeroporto que pisei foi o Aeroporto Internacional de Carrasco, en Uruguai,  para viaxar a Arxentina e coller outro avión no Aeroporto Internacional de Ezeiza "Ministro Pistarini" en Bos Aires, onde nos levaron en buses ata o recinto porque o avión aterrou nun lugar onde non debía. Entón decatámonos de que nos faltaba unha maleta de man e a miña nai correu a collela, tanto foi o susto que esperamos unha hora dentro do aeroporto para esperar á miña nai que ao final tiña o meu pai.

Aeroporto Internacional de Uruguay © aeropuertodecarrasco.com.uy
Interior do Aeroporto de Carrasco
Aeroporto de Ezeiza © vuelos-buenosaires.com
 
Os buses do aeroporto de Ezeiza
De aí fomos a terra Brasilera, ao Aeroporto Internacional de Brasilia onde collemos o avión que nos traería a España. O voo durou catorce horas! 
Tocoume sentar diante dun neno que non paraba de mover o respaldo do meu asento, á dereita tiña ó meu pai e á esquerda á miña nai. Como vedes ía ben rodeada para que non me escapase, cousa que sería imposible porque tiña que pedirlle ao meu pai que se movese cada vez que quería ir ao baño.
Aeroporto de Brasília
Despois desas catorce horas sen durmir porque a azafata me dera café e o neno non paraba de moverse, e iso que a nai xa lle dixera de todo, o caso foi que por fin chegaramos a España, en concreto ao aeroporto de Barajas de Madrid, onde outra vez tivemos problemas coas maletas.
Aeroporto de Barajas en Madrid © fsim.latinforo.com
Solucionamos o problema das maletas e collemos o último avión. Eu xa me estaba a desesperar porque quería unha cama e durmir como unha marmota polo cansazo que tiña. 

O último avión tróuxonos ao aeroporto de Peinador en Vigo. Sen dúbida o peor dos catro voos que tiven que facer, o avión movíase moito e oíase o ruído da á dereita onde, casualmente me tocou sentar. Afortunadamente ó lado dunha ventá pola que puiden gozar da paisaxe montañosa de Galicia e esquecerme de que a miña irmá berraba, que o avión se ía partir en dous e a miña outra irmá rindo aos berros.

Imaxinádevos: os meus pais intentado que calase e mesmo veu a azafata para darnos de comer e dicirnos que non se ía partir en dous.
Aeroporto de Vigo-Peinador © aeropuertodevigo.wordpress.com
Ponte de Rande, chegando ao aeroporto de vigo
Ao pisar terra, á miña irmá sangroulle o nariz, creo que foi por dicir que o avión ía partir en dous. 

Entón foi cando nos recolleu un coñecido da familia para levarnos á nosa nova casa, e por fin, ao chegar a ela atopei catro camas, cousa que non tiña moito sentido porque eramos cinco. Tombeime na cama matrimonial e decidín durmir, pero ao pouco tempo espertei porque tiven un pesadelo, unha boa benvida para este novo país.

Despois deses dous días de turbulencias, empezou unha semana máxica de pesadelos e paseos por Galicia onde a chuvia nos daba a súa benvida a este mundo de fauna e flora tan especial en contraste do caloroso e sufocante que é Montevideo, e o mellor de tanta chuvia e tanto diluvio é que por fin deixei de ser asmática.
Arantei_Concello de Salvaterra
 
Arantei

O bo de viaxar dun país a outro é que coñecín moita xente nova, como os membros do grupo de Xapón, e moitos profesores e persoas diferentes; o malo é que os nenos cando son pequenos son moi crueis e se metían moito coa miña forma de falar e a miña dislexia. E ata aquí a miña viaxe. Déixovos outra foto magnífica que saíu moi ben grazas á miña man!