Hoxe ímosvos contar as anécdotas do segundo día da viaxe. Relataremos as nosas aventuras e intentaremos que vexades Barcelona a través dos nosos ollos.
Chegou o segundo día da viaxe e polo tanto tocaba erguerse cedo, estabamos realmente cansos, xa que o día anterior tiveramos a xincana e déramos unha curta voltiña por Calafell despois de cear. Aínda así, estabamos moi ilusionados por coñecer, por fin, a cidade.
Subímonos ao bus e comezamos o camiño ata Barcelona. Os plans para ese día eran visitar as Ramblas, o Barrio Gótico e a Catedral, todo iso acompañados dunha guía catalá.
Demos o paseo polas Ramblas admirando as construcións máis destacables e gozando coas impresionantes estatuas viventes. Visitamos o Mercado de "La boquería", moi bonito, con froitas de todos os países, de todas as formas e cores, tamén tiñan expostas grandes figuras feitas con distintos tipos de chocolates. Aí enchemos todos o bandullo a máis
non poder, eu creo que saímos de alí con 6 kilos de máis cada un. Os produtos tiñan tan boa pinta que desexabas telo todo nas mans.
Estivemos tamén na fonte de Canaletas donde se atopa a escultura na honra aos castellers. Por certo, un neno que pasaba en bicicleta comeuse de cheo un dos barrotes da escultura; todos intentamos non rir pero non o conseguimos.
Baixamos ata chegarmos ao porto, cos seus xardíns, o seu mar, os seus mil barcos enormes e o Maremagnum. A paisaxe era fermosa, respirábase tranquilidade e se estaba de marabilla. Camiñamos polo porto, morrendo de envexa ao ver aqueles tremendos iates.
Nolas dúas íamos cos nosos amigos: Sebi, Héctor, Lois, Óscar, Mar e Isa, que cuadrilla! Poderíase dicir que eramos o mellor de cada casa ou de cada instituto neste caso, ou sexa, os trastes da excursión, pero sempre lle dábamos un pouquichiño de alegría a todo e sen facer nada malo (que se saiba). Percorremos cada un dos recunchos, tiramos fotos e fixemos o parviño durante toda a hora libre.
Nolas dúas íamos cos nosos amigos: Sebi, Héctor, Lois, Óscar, Mar e Isa, que cuadrilla! Poderíase dicir que eramos o mellor de cada casa ou de cada instituto neste caso, ou sexa, os trastes da excursión, pero sempre lle dábamos un pouquichiño de alegría a todo e sen facer nada malo (que se saiba). Percorremos cada un dos recunchos, tiramos fotos e fixemos o parviño durante toda a hora libre.
Despois dun delicioso almorzo no Maremagnun, tirámonos a descansar nos xardíns para deixar facer a dixestión tranquilamente e relaxármonos antes de subir ao bus e facer unha visita panorámica á Vila Olímpica, que se atopa no distrito de Sant Martí e de subir ao precioso mirador do Montjuic.
Ao ser unha viaxe en bus, moitos quedábanse durmidos e non se decataban de nada. A coitada da guía de vez en cando falaba soa. Nós, que permanecíamos despertas, gozamos da zona, observamos as dúas caras da Vila Olímpica; a cara familiar, que recordaba o pasado da cidade e outra máis moderna.
Tras este día tan produtivo toca chegar ao hotel, pórse moi guap@s todos para saír pola noite e baixar a cear. Despois de cear fomos a dar un paseo cada un cos seus amigos.Onde por certo atopamonos unha dispensadora con todo tipo de productos farmaceuticos, dende termometros, ata babeiros para os bebés.
Ningún comentario:
Publicar un comentario