mércores, 14 de maio de 2014

BCN14 David e Sebi, 1º día

BOAS! Somos Eusebio Leal e David Romero, e ímosvos contar o primeiro día da excursión de fin de curso a Barcelona.

Despois dunha divertida e cansa viaxe de dezaseis horas, escoitando o merengue e o house a mans de DJ Sergio Rodríguez, (foi o animador do grupo, sen dúbida), chegamos a Calafell, alí dividímonos en habitacións e instalámonos. 


A mellor habitación era a de David, Ferreño e Aitor, pero para o tempo que pasaríamos nelas, o das habitacións era o de menos. Este era o panorama en Calafell:

Despois de investigar polo hotel e visitar as habitacións dos compañeiros, xa era a hora do almorzo, baixamos entón. A comida non era moi boa que digamos, pero coa fame que levabamos algúns, comíamos de todo. Despois de instalarnos, comer, e de dezaseis horas de viaxe, non había cousa mellor que ir á praia a facer unha "gymkhana", e de camiño ao bus, atopamos nun portal algo que nos chamaría a atención a todos, era unha rampla para discapacitados, que como podedes observar, non creo que lle fixera a vida máis cómoda a ninguén. (A profe di: Parece que ao final vos teño a todos ben concienciados :))


Pero a "gymkhana" non estivo mal, todo o contrario, as horas do bus non pasaron factura, pasámolo moi ben. Tamén andivemos en segway, era moi entretido, parece complicado ao principio, pero píllaslle o truco en nada. O taller mariñeiro non era moi divertido que digamos, pero bueno, estivo ben para descansar un pouquiño, e os monitores eran divertidos. Cando rematamos de facer as actividades fomos ata o final do porto a ducharnos e mudarnos. Alí ao lado había un iate dun ruso, que era case como Salceda de grande, e según dixo un dos monitores era o máis pequeno que tiña. Despois de ducharnos e mudarnos a roupa fixemos unha foto de grupo na praia e subimos ao bus para voltar ao hotel. A maioría queríamos sair de festa, pero tivémonos que conformar cun paseo cos profes polo paseo da praia. Estabamos reventados, a idea de sair de festa cada vez convencía menos. Ao chegar ao hotel non aguantamos moito espertos, a pesar de que esa era a intención, todos os plans clandestinamente falados, tiráronse pola borda debido ao sono que tiñamos algúns.

Ningún comentario:

Publicar un comentario