luns, 12 de maio de 2014

Excursión a Barcelona: Día 1. Versión dos ghuapos de Mónaco



 Día 1:

Tras unhas catorce horas de viaxe no autobús onde xa comezaba a ulir a adolescente, cuns asentos esaxeradamente incómodos, escoitando a música merengue de Sergio acompañado das voces do mesmo Sergio e o seu veciño da Feira Lois, aos profesores non se lles ocorreu mellor idea que ir á praia a facer unha gimcana, pero antes de nada fomos deixar as cousas ao hotel, cheo de anciáns estranxeiros.

As habitacións desgraciadamente non eran mixtas, cada profesor durmía nunha habitación diferente e os alumnos divididos en grupos de tres e nalgúns casos en grupos de dous ou de catro. Carlos Piñeiro durmiu cos seus amigos inseparables Carlos Pérez e Diego Pais. Sergio durmiu cos festeiros Lois e Jose, sen dúbida a habitación máis festeira e, casualidades da vida, ao lado da habitación de Chefa (a directora). E Rodrigo, o durmiñón, durmiu co home máis tranquilo que existe na face da terra, Junior (Fred), e tamén con Sergio Madarnás.


Nesa primeira tarde soleada fixemos o seguinte: o primeiro foi dividirnos en tres grupos, cada grupo facía unha actividade diferente e íamos rotando.


Un dos grupos facía “Segway”, un aparello moi divertido e innovador. 

Outro grupo facía a gimcana, que consistía en facer un percorrido no menor tempo posible con diversos obstáculos e xogos como por exemplo: carreiras de sacos, saltos de vaias e o noso favorito, o kaiak. Os nosos compañeiros José Castro Martínez e o seu primo Brais Estévez Martínez gañaron a gimcana e levaron unha medalla como premio.

Brais Estévez á esquerda xunto a Jose Castro

O último grupo facía “bautizo de vela”, que consistía nunha iniciación á vela, facendo nós, izando a vela e demais cousas para días máis tarde zarpar e navegar pola costa.


Ó finalizar fomos ao hotel e comprobamos o que nos esperaba nos vindeiros días; unha comida un pouco mala (como a da casa  ningunha) servida nunha vaixela sen lavar.

Aquí a nosa primeira foto de grupo:

Ningún comentario:

Publicar un comentario