O segundo día despertamos as oito e media case todos, ao único que
seguía durmindo (Ferreño) lle puxemos música bastante alta. Despertou moi rápido e se queixaba de que as mantas picaban e que oíra ratos pola noite.
As nove baixamos almorzar; estaba moi bo todo, sobre todo os minicurasáns e tamén o detalle de poder reencher o vaso de zume todas as veces que quixeras. Ao rematar fomos ós nosos cuartos a prepararnos para a saída cara Barcelona aínda que tiñamos sono e nos apetecía durmir un ratiño máis.
Saímos andando do hotel e collemos o bus que estaba agardando por nós a unhas rúas de distancia, preto dun entrante artificial que facía a rúa. Chamounos a atención que había tartarugas e un montón de patos!
A viaxe durou unha hora e non pasou nada especial, salvo que facía bastante sol e empezou a ir unha calor...
Cando estabamos preto de Barcelona, recollemos á guía que nos acompañou todo o dia practicamente. A cidade impresionaba con eses edificios tan xigantescos que algunhas persoas dicían que ían caer e tamén con tantísimas motos por todas partes. Semellaba que houbera máis motos que coches.
Fomos pasando por lugares famosos en bus como a casa dos soños de Gaudí que estaba chea de xente e a xigantesca e coñecida Praza Cataluña. Chegamos andando ata a Catedral de Santa Eulalia, chamada así na honra da mártir. Por dentro había moitas esculturas e tamén as famosas trece ocas en recordo aos trece martirios da moza. As ocas estaban nunha recinto cunha fonte que había que ir rodeando. Ao saír pasamos por unha antiga praza na que xogaban os nenos e que estaba situada ao lado dunha igrexa, na guerra civil española caira unha bomba e conservan o impacto nunha parede de recordo. Facía unha calor abafante cun sol que te queimaba e te daban ganas de marchar á praia. A xente tiña cara de estar esgotada polo sol e a andaina.
Despois da praza fomos andando ata un anaco da muralla que protexía a cidade de Barcelona na época das antigas guerras. Aínda se poden ver os alicerces baixo terra. Tamén pasamos por unha igrexa que estaba nunha gran praza construída sobre estes alicerces.
Dende a praza víase un debuxo enorme de Gaudí que estaba pintado na parede dun edificio. Camiñamos ata chegar a outra praza bastante pequena na que había as típicas terrazas de bares e unha escultura metálica que semellaba as redes que amarran a cortiza das botellas de sidra. Mentres a guía nos explicaba que era un monumento ós "Castellers", un rapaz que pasaba en bici e debía ir pensando nas musarañas, comeuse de cheo a escultura.
Camiño do bus, aínda pasamos por outra praza onde os farois foran deseñados por Gaudí; parecían que eran de un estilo antigo e tiñan bancos na base. Polas rúas as baldosas eran tamén de deseño de Gaudí e tiñan un debuxo dunha medusa e tres animais máis, aínda que isto nolo dixeron outro día.
Ao volver ó hotel pasou o típico, a xente durmíase, sobre todo Aitor pero estaba atento porque xa o intentaran pintar ao vir cara Barcelona. Ao chegar tivemos un tempo para ir aos nosos cuartos, mudarnos ou o que quixeramos, pero realmente só nos tiramos na cama a descansar e ver as mensaxes do móbil. Ás nove baixamos cear e bueno... a comida non valía moito pero polo menos non pasamos fame (por se acaso tiñamos reservas na habitación).
Despois subimos ao cuarto para prepararnos para saír, pero eu (David) e un grupiño de amigos quedámonos xogando ao póker. Eu era a primeira vez que xogaba pero gañei algunha vez. Gustoume bastante porque botas unhas risas boas; non me lembro da hora na que fomos durmir pero era bastante tarde.

Ningún comentario:
Publicar un comentario