A imaxinación e os soños son importantes pero non podemos vivir só deles, así que unha vez rematada a segunda avaliación o alumnado emprendeu a súa esperada e ansiada viaxe real: a excursión de 4º da ESO a Barcelona e Vilanova i la Geltrú.
Aqueles alumnos que por motivos diversos non puideron ir, nos relatarán unha viaxe anterior que teñan realizado ou farán de acompañantes virtuais na viaxe do seu grupo, incluso algún decidiu proseguir en solitario a súa viaxe imaxinada. Pero non vos vou contar máis porque diso se encargarán eles e elas nas próximas publicacións.
Ningún comentario:
Publicar un comentario