Ola de novo!
Veño a presentar un pouco o sitio ao que vou ir: Madrid, que todos coñecemos ao ser a capital e unha das cidades máis importantes de España. É a máis poboada, contando con máis de 3.000.000 habitantes no ano 2013. Como capital, alberga as sedes do goberno e a residencia oficial onde viven os Reis de España e o Presidente do Goberno.
Os símbolos de Madrid son a
bandeira carmesí, propia dos concellos, e o escudo tradicional co oso e o
arbusto de albedro, xunto á coroa real antiga.
O que se esconde tras o escudo
é que, aínda que sempre se fala do "oso e o albedro" antigamente era
unha osa. E o arbusto non era de albedro, senón que era unha árbore de
froitos vermellos; que axudaron a curar unha praga que asolaba a cidade.
Durante un tempo tamén tivo un dragón, aínda que algúns sinalaban que
era unha cobra ou un grifón.
Bandeira de Madrid © www.paginabierta.com |
Escudo de Madrid © www.elmundo.es |
A historia de Madrid trasládase á época da dominación romana, chamándose Ursaria ao principio. Os árabes foron os fundadores da cidade a finais do século IX, co obxectivo de protexer Toledo. Trala conquista de Toledo por Alfonso
VI a cidade pasa a mans cristiás.
Felipe II trasladou a corte de Toledo a Madrid, e coa súa chegada a cidade comeza a crecer. Con Felipe III constrúese a Praza Maior e amplíanse con fontes os terreos dos Xardíns do Retiro. Madrid viviu un período de esplendor cultural con autores como Cervantes, Quevedo, Góngora, Velázquez, Lope de Vega ou Caldeirón de la Barca. Tamén se inicia a construción do Pazo Real, no solar do antigo alcázar. Carlos
III, coñecido como o mellor alcalde de Madrid, fixo paseos, sistemas de
rede de sumidoiros, iluminación pública, etc.
En febreiro de 1808, Napoleón, coa escusa de que non se respectou o pacto secreto de Fontainebleu (deixar paso libre por España aos franceses, para invadir Portugal), envía un poderoso exército. Ao mesmo tempo, tropas francesas entraron ocupando Cataluña. Desta forma, cidades como Barcelona e Pamplona quedaron baixo dominio francés. Polo motín de Aranjuez os madrileños derrocan a Carlos IV e poñen a Fernando VII.
Fernando VII, prisioneiro do exército francés, é obrigado baixo pena de morte a abdicar.
A situación faise moi tensa na capital. O 2 de maio, a multitude comezou a concentrarse ante o Pazo Real. O combate durou horas e estenderíase por todo Madrid. A represión é cruel, fusilamentos ordenados polo bando dos franceses contra todo español que porte armas. Así finaliza o levantamento popular do "dous de Maio" de 1808.
A situación faise moi tensa na capital. O 2 de maio, a multitude comezou a concentrarse ante o Pazo Real. O combate durou horas e estenderíase por todo Madrid. A represión é cruel, fusilamentos ordenados polo bando dos franceses contra todo español que porte armas. Así finaliza o levantamento popular do "dous de Maio" de 1808.
Napoleón nomea ao seu irmán José I no trono, dando lugar á Guerra de Independencia ata 1814. Durante a guerra nas Cortes de Cádiz elabórase a primeira Constitución española, promulgada o 19 de marzo de 1812, festividade de S. José; polo que foi denominada popularmente La Pepa, "Viva La Pepa". Trala derrota das tropas de Napoleón, Fernando VII volve ao trono de España, deroga a Constitución, persegue aos liberais constitucionalistas e comeza un sistema de ríxido absolutismo.
Viva la Pepa © eltovarich.blogspot.com |
En 1871 Madrid ten xa 400.000
habitantes e ábrense as primeiras liñas de tranvía, que unen a Porta do
Sol cos barrios máis afastados. En 1919 ábrese o primeiro tramo do
metro, Sol-Catro Camiños. Durante a posguerra a cidade
mantense en crecemento pola emigración doutras provincias
españolas, converténdose nun lugar onde se mesturan influencias e
culturas das distintas rexións.
O dinamismo cultural foi posible ao restablecerse a democracia, que permitiu que a vila madrileña se transformase nunha cidade moderna e cosmopolita. A súa riqueza monumental e o seu tesouro artístico nos seus museos convértena nunha metrópole europea onde conflúen culturas variadas e tendencias.
E ata aquí un pouco a historia sobre Madrid. Ata pronto!
Ningún comentario:
Publicar un comentario