Blog da materia de Informática do IES Pedras Rubias
martes, 27 de maio de 2014
DÍA 1 - EXCURSIÓN DE FIN DE CURSO POR AINHOA E LARA
Chegou a hora de subirnos ao bus, só nos quedaban 14 horas de viaxe, aínda que nós, Ainhoa e Lara, pasamos 10 horas durmindo.
DOMINGO 6
Chegamos sobre as 12 e contemplamos dende a fiestra do bus o Mediterráneo. Xa estábamos desexando baixar para poder gozar da paisaxe, pero primeiro tiñamos que ir ao hotel para acomodarnos e comer.
Instalámonos no hotel Ramblas Miramar. A primeira impresión que nos deu foi boa xa que estaba ben situado e coidado.
Ao rematar de comer déronnos tempo libre, que aproveitamos para asearnos e baixar á praia xa que estabamos desexando tirar as primeiras fotografías.
Cando rematou o tempo libre volvemos subir ao bus para dirixirnos a Vilanova i la Geltrú, onde fixemos unha xincana que consistía nunha carreira por grupos na que tiñamos que superar diferentes obstáculos e facer distintas actividades. Tamén fixemos unha clase teórica de iniciación á vela e andamos en segway. Era a primeira vez que montabamos e, a dicir verdade, o principio custou pero logo resultounos moi doado.
Este primeiro día foi esgotador! Pola noite ceamos, nun principio queríamos seguir falando e facer das nosas travesuras pero estabamos tan cansas que nos quedamos durmidas sen darnos conta.
¡Qué entrada tan buena y bonita chicas! Espero poder volver a repetir este viaje pronto. Un besazo
ResponderEliminarEste comentario foi eliminado polo autor.
ResponderEliminarQue morriña ó recordar esa marabillosa viaxe ó voso carón, un biquiño.
ResponderEliminar