martes, 17 de decembro de 2013

O que debemos saber de Rusia.

Fotografía

Rusia  é o pais mais extenso do mundo (cunha superficie de 17.075.400 Km2)  aínda que non é o máis poboado xa que gran parte del esta deshabitado. A súa capital é Moscú, ainda que posee outras cidades moi importantes como San Petersburgo.


O seu idioma oficial é o ruso, que é falado por 295 millóns de persoas (no 2003).
Unidade monetaria: Rublo (1 rublo = 0´02226 € / 1€ = 45 Rublo). Esta moeda apareceu no S.XIII en Nóvgorod, nun documento de corteza de abedul (onde apareceu o nome de rublo).


Os pratos típicos da comida rusa son moi ricos, pero tamén teñen bastantes calorías, porque no invierno precísase de máis enerxía. 





A súa forma de goberno é unha república presidencialista.
O presidente é Vladímir Putin. É un home moi polémico polas arriscadas decisións que toma. As suas críticas no son ben recibidas na prensa, na que aparece case todos os días. 
Aínda que en teoría é un réxime político democrático na realidade caracterízase polo seu absolutismo, debido a que a riqueza do país céntrase nun grupo reducido de persoas, e o seu presidente toma medidas moi radicais sen contar coa opinión do pobo.



Pussy Riot é un colectivo ruso de punk-flok feminista que se creou no ano 2011. Nas súas actuacións amosan a súa actitude crítica contra o goberno de Putin. A comezos de 2012 tres das súas integrantes foron detidas por mor dun concerto que fixeran sen autorización na Catedral do Cristo Salvador en Moscú. Despois dun xuízo no que poido haber irregularidades, fóron condenadas a dous anos de prisión por vandalismo.




A principal festa rusa é o 1 de xaneiro, na que se celebra o Ano Novo. O 7 de xaneiro, a  navidade ortodoxa. O 23 de febreiro, o día da gloria militar rusa. O 8 de marzo, o día internacional da muller. O 9 de maio, día da victoria. O 12 de xuño, o día de Rusia.

As mafias rusas dende a caída da Unión Soviética acumularon poder e influencian a todo o mundo. Adícanse a extorsión, ao tráfico de armas, fraude, delitos informáticos, tráfico de persoas, prostitución, tráfico de drogas... son os delitos máis comúns.

Ningún comentario:

Publicar un comentario