martes, 29 de abril de 2014

TRANSIBERIANO

 Día 7.


Viaxe en tren.

(Imaxe orixinal: Adriana Oñate)

Día 8.

A nosa primeira parada tivo lugar en Ekaterimburgo (Екатеринбург), alí só nos deu tempo a visitar a  Igrexa sobre o sangue na honra de todos os santos refulxente na terra rusa (Храм-на-Крови́ во и́мя Всех святы́х, в земле́ Росси́йской просия́вших), unha igrexa ortodoxa rusa considerada unha das máis importantes, conta cun campanario, cun anexo principal e tamén cun museo adicado á familia imperial rusa.


 Día 9.

Kazansky Church - Irkutsk, Irkutsk
(Imaxe orixinal: ChrisJ)

A segunda parada que realizamos foi Irkutsk, que é unha das cidades mais poboadas de Sibeira. Só visitamos a Kazansky Church xa que non tivemos tempo para nada mais, aínda así defraudounos moito este lugar despois de ver Moscú ou San Petersburgo e tampouco tivemos tempo para coñecelo.

A última visita do día foi ao lago Baikal que se atopa no sur de Siberia, que se considera Patrimonio da Humanidade, e con razón xa que a paisaxe que se pode ver desde alí é fantástica e tivemos a sorte de poder coñecer unha das súas zonas máis bonitas.






Día 10.

A nosa penúltima parada tivo lugar en Terell, a nosa visita obrigada aquí é o Parque Nacional de Gorkhi - Terelj, que é un dos moitos parques que ten Mongolia. O parque é inmenso polo que non puidemos visitalo por completo. Existe unha parte adicada ao turismo na que se atopan tendas de recordos, restaurantes, cabalos e camelos de aluguer.

https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEjPiMePOPx5IQmFNGeVTYzQ9kL5guaVFYHIfY4tm2FU40SAPl3k_jUh3foayEaijNtxsHQSmOkQGQnNinmnM_O7ykF6JDolp5i45h_PwbZllsO5x7JpEr1Sv5xiAx76Wm0yIva61OltyA/s1600/roca+tortuga.jpg
(Imaxe orixinal: Marta Ortiz)

Día 11, 12 e 13.

A última parada desta marabillosa viaxe foi Ulan Bator, a capital de Mongolia, aquí aloxámonos durante 3 días no Hotel The Blue Sky. O primeiro que decidimos visitar foi o Yol Valley, un impresionante canón con xeo, desde o que puidemos admirar unha posta de sol que nos deixou abraiados, de camiño ao hotel puidemos admirar o muro dos Beatles.

http://elevatedestinations.com/wp-content/uploads/2012/08/altai.jpg
(Foto orixinal: elevate destinations)
http://esphoto980x880.mnstatic.com/muro-de-beatles_7372893.jpg
(Foto orixinal: Antoine D'audigier)

O segundo día nesta cidade visitamos o Val de Orkon, considerado como un dos mellores puntos que visitar en Mongolia. Ao chegar quedamos impresionados pola incrible paisaxe, a pesar de que as cataratas son aptas para darse un baño, en pleno mes de abril non é recomendable polo frío e as xélidas temperaturas. Limitámonos a tirar fotos. Esta visita, debido ao desprazamento, levounos todo o día.


http://esphoto500x500.mnstatic.com/valle-de-orkon_2333061.jpg
(Foto orixinal: Daniel Fernández)

O último día desta intensa viaxe decimos ir de compras por unha das poucas rúas comerciais. Fomos a "Avenida de la Paz", aquí atópanse as mellores cafeterías, tendas e restaurantes.

Mercado Naran Tuul
(Foto orixinal: Mariela Carril)

Ao rematar dirixímonos ao aeroporto de Ulan Bator, o "Gengis Kan" desde o que voamos cara a Baraxas, en Madrid. De aí collemos o voo cara Vigo e pronto estivemos na casa depois de vivir unha gran experiencia con esta viaxe.

Ningún comentario:

Publicar un comentario