Día 4.
É o noso último día en San Petersburgo, ás 14:30 temos a saída do noso tren en (Московский вокзал) dirección Moscú na estación de Leningradsky ( Ленинградский вокзал).
Chegamos ás 18:40 ao noso hotel de 5 estrelas,The Ritz- Cartlon. Elixímolo pola fantástica ubicación que ten, xa que se encontra ao lado da Praza Vermella (Красная площадь, Krásnaya plóshchad’)
Inmediatamente nos diriximos á Praza Vermella que é coñecida como Kitay-Górod. Non é excesivamente grande, conta cunha área de 70000 metros cadrados e é o corazón de Moscú e de toda Rusia; nela atópanse edificios e construcións moi importantes, entre as que cabe destacar a Catedral de San Basilio, que é o símbolo de Moscú, considerada parte do patrimonio da humanidade da Unesco e o Museo Histórico.
(Foto orixinal: Jhoan Daniel) |

Día 5.
Xa que é o noso segundo día e aínda nos quedan por visitar unha morea de cousas, madrugamos máis do normal.
Dirixímonos ao metro (Арбатско-Покровская) dirección a Rúa Stari Arbat. Nesta rúa agóchanse numerosos postos con souvenirs ideais para comprar eses pequenos detalles para a nosa familia e amizades. Aquí mercamos as famosas matrioskas.

Pero tamén visitamos o Museo Pushkin no que viviu o gran poeta nacional ruso, Alexander Pushkin, ademais doutros edificios históricos que se atopan no lugar.
Logo acercámonos ao centro comercial Shopping Mall Vega. Sorprendeunos o seu deseño, no que parece que é de noite e que estamos a mercar na rúa con moitas luces e cores.
E chamounos moito a atención que dentro houbera un parque de atraccións que conta cunha noria, unha torre de caída (19 metros) e unha pista de xeo cuberta na que pasamos moitas risas polas nosas caídas.
Este centro comercial é ideal para pasar unha tarde agradábel e divertida sen gastar moito diñeiro.
Ironías da vida, comemos unhas hamburguesas no Mc Donalds.
Hoxe imos ver a parte "glamurosa" de Moscú, xa que a "Millionaire Fair", unha feira anual de luxo, este ano coincidiu coa nosa visita. Ten lugar no Kremlin, na Praza Vermella. Pero nós só puidemos conformarnos con ver, xa que os seus prezos están ao alcance de moi pouca xente.
Había tanta xente que de seguido tivemos que marchar para ver máis glamour. Desta vez dirixímonos ao Fondo de Diamantes (a 10 minutos en coche da Praza Vermella).
É unha colección estatal de ourivería de alto valor histórico y material (de ouro, pedras en bruto, prata, etc).
As obras que máis nos impresionaron foron:
Logo acercámonos ao centro comercial Shopping Mall Vega. Sorprendeunos o seu deseño, no que parece que é de noite e que estamos a mercar na rúa con moitas luces e cores.
E chamounos moito a atención que dentro houbera un parque de atraccións que conta cunha noria, unha torre de caída (19 metros) e unha pista de xeo cuberta na que pasamos moitas risas polas nosas caídas.
Este centro comercial é ideal para pasar unha tarde agradábel e divertida sen gastar moito diñeiro.
Ironías da vida, comemos unhas hamburguesas no Mc Donalds.
(Foto orixinal: Eric Hawthorn)O zoo atópase a 20 minutos, é un dos máis grandes e antigos de Rusia, conta con máis de 6000 exemplares de 1000 especies diferentes.Día 6. |
(Foto orixinal: Jhoan Daniel) |
É unha colección estatal de ourivería de alto valor histórico y material (de ouro, pedras en bruto, prata, etc).
As obras que máis nos impresionaron foron:
- A gran coroa imperial; que contén 5000 brillantes, perlas, ouro, prata e está rematada con unha espiñela de cor vermella (398,72 quilates)
- O brillante plano máis grande do mundo con 7 centímetros cadrados de superficie.
- O diamante Sha, que é unha pedra histórica sen marco sobre a que hai inscripcións persas.
- O diamante Orlov que é o máis importante da India e pesa 190 quilates.
Ningún comentario:
Publicar un comentario