venres, 25 de abril de 2014

Itinerario de Xapón


おはようございます!

Imos presentar o noso itinerario e as cidades que visitaremos na nosa viaxe, que son unhas poucas xa que en total estaremos no país durante cinco meses.

Mapa de Xapón © viajejet.com
En primeiro lugar visitaremos Nagasaki, que foi parcialmente destruída por unha bomba nuclear durante a Segunda Guerra Mundial. Cabe resaltar o seu Parque da Paz e o seu templo Sofuku-ji, coa súa peculiar arquitectura que recorda aos templos chineses. Teremos estanza durante unha semana.

Nagasaki © unmundodecruceros.com
En segundo posto viaxaremos a Hiroshima, ou "o lugar da paz destruída". Foi devastada tamén pola bomba atómica na Segunda Guerra mundial e, na memoria das vítimas, erixiuse o Monumento da Paz. Estaremos aquí dúas semanas.

Hiroshima © tdetokyo.blogspot.com
Despois iremos a Osaka, a cidade que posúe os portos e centros comerciais máis importantes de Xapón. Ten o Museo Nacional de Arte (NMAO), que alberga principalmente coleccións da posguerra e exhibe exposicións temporais con regularidade. Aquí estaremos tres semanas, xa que é unha cidade máis comercial e queremos comprar algúns souvenirs.
NMAO © noticias.arq.com
Osaka © destinojapon.com
Visitaremos, logo, Nara, coñecida tamén como "o lugar imperdible". Alí atópanse os templos mellor coidados da cultura budista, os cales son unha importante atracción turística. Outra semana máis da nosa viaxe empregarase para ver o Parque Nacional de Nara, onde se atopan algunhas especies animais vivindo ao aire libre.

Nara © vtoon.fr
Parque de Nara © wikipedia.org
Máis tarde chegaremos a Kyoto, unha importante fonte da cultura xaponesa. A súa fama débese aos seus reservados sitios históricos e a que antigamente foi capital de Xapón e residencia do Emperador. Aquí estaremos tres semanas para contemplar toda a súa historia.

Templo de Kyoto © commons.wikimedia.org
O Gran Buda © onmarkproductions.com
Despois pasaremos por Kamakura, a cal posúe unha das mellores coleccións de santuarios e templos de Xapón, famosos pola súas estatuas de Buda. Aquí estaremos outra semana máis para ver esas esculturas.

Buda © sobrejapon.com
Despois faremos estancia en Tokyo, a capital xaponesa. Unha metrópole curiosa e extravagante xa que alberga unha mestura de culturas. Nesta cidade estaremos un mes. Visitaremos o Monte Fuji, símbolo emblemático xaponés, e subiremos aos miradoiros da montaña para ver as súas bonitas vistas.

Tokio de día © abadiadigital.com
Tokio de noite © mundodescarga.com
E no último posto temos Nikko, que posúe un parque nacional que roza a espectacularidade. Xunto con santuarios sagrados e os balnearios onsen, fan da localidade un centro relixioso e turístico moi visitado. Estaremos unha última semana nesta cidade.

Nikko © japan-web-magazine.com
Nikko © viajapon.es
Esperamos que vos gustara toda esta información sobre Xapón ao longo das entradas que fomos publicando.

 Adeus e ata sempre! さようなら!

Ningún comentario:

Publicar un comentario