Boas! Esta entrada é a parte II sobre a cultura xaponesa, esperamos que vos guste!
Cine
O cine xaponés ten unha historia que abrangue máis de cen anos, e os xéneros máis comúns nas películas xaponesas son:
-Anime. Así se coñece á animación xaponesa. Un dos directores máis influentes deste xénero é Hayao Miyazaki, o cofundador de Studio Ghibli e gañador dun óscar á mellor fita animada por "A viaxe de Chihiro".
|
A viaxe de Chihiro © www.cinemelodic.blogspot.com |
-Jidaigeki, definido como dramas de época ambientados no Período Edo (1603-1868). Dentro deste xénero, encóntrase o chambara (cine de acción con samuráis). O realizador Kanamori Bansho
é o que revolucionaría este xénero, inspirado no cine americano e
conferindo aos combates un enorme dinamismo usando maxistralmente o
movemento de cámara e a montaxe. Un dos directores máis famosos deste xénero é Akira Kurosawa, coa súa película "Os sete samuráis".
|
Os sete samuráis © www.enocasionesveocine.blogspot.com |
-J-Horror, no que predomina o terror psicolóxico e a tensión. Unha das sagas máis coñecidas foi a creada por Takashi Shimizu, "Ju-on".
-Cine de culto. Comprende aquelas películas que atraen un pequeno grupo de seguidores, como "Battle Royale" ou "Suicide Club".
-Kaiju: películas cuxo protagonista é un monstro, como o popular "Godzilla".
-Pink films. A diferenza do cine pornográfico occidental, o cine porno xaponés polo
xeral inclúe temas sociais e é esteticamente máis coidado.
-Yakuza: películas que tratan sobre a mafia xaponesa.
Moda
Xa se sabe que Xapón é un país excéntrico e no que case todo vale. Os xaponeses son atrevidos e nada discretos, e respecto a modas son os primeiros en probar as cousas máis extravagantes, coma por exemplo:
-O Bagelhead, algo que está a facer estragos no país. Dende hai uns meses, miles de mozos reúnense en locais nocturnos para someterse ao poder da agulla. A técnica do Bagelhead, que toma o seu nome da rosquilla, consiste en inxectarse na fronte unha solución de auga salgada baixo a pel que logra deformar o rostro por unhas horas, de forma que se pode modelar ao gusto do consumidor. Malia que ás poucas horas de someterse a este tratamento o corpo absorbe a solución salina e a pel volve ao seu estado orixinal, os médicos alertaron dos riscos de infección que entraña.
|
Bagelhead © www.natgeotv.com |
-Unha das últimas modas en Xapón é operarse as mans para cambiar o destino. Se non estás contento co teu futuro non hai problema, en Xapón xa hai especialistas que as operan para cambiar o destino dos seus pacientes. Así, segundo ás necesidades de cada paciente, estas liñas pódense alongar, unir, cortar, ou mesmo crear unha que non estaba antes.
O cirurxián que estendeu esta práctica, Takaaki Matsuoka declara que foi idea dun dos seus pacientes, que lle pediu que "quería cambiar a súa sorte". O médico buscou ata que encontrou este tipo de intervención en Corea. A operación realízase cun bisturí eléctrico, que deixa unha cicatriz visible. Nun mes sandan ás feridas e fórmanse as novas liñas.
|
Mans © www.abc.es |
- Esta vez chega a nova tendencia en peiteados: o tomate maduro. Trátase de tinguirse o pelo de vermello, e no cocote, o pelo máis curto de verde, coma se fose o talo e as follas dun tomate. Esta idea tan orixinal e rechamante é obra de Hiro, que é a propietaria dunha perrucaría en Osaka. Agora esténdese entre os mozos, que xa adoitan ser bastante ousados e seguen o seu estilo extravagante baseados en videoxogos ou mangas. Isto xa é algo habitual para a doa do local, que xa fixo outros peiteados diferentes, coma unha pelota de fútbol.
|
Peiteado do tomate maduro © www.lavanguardia.com |
-Unha das modas que chega tamén dende o país do sol nacente é o hadouken. O nome desta moda é común ao nome da súa fonte de inspiración: o popular videoxogo de loita 'Street Fighter'. Basicamente, a nova tendencia consiste en sacarse unha foto simulando un ataque cunha bóla de enerxía invisible. Este movemento foi popularizado polo personaxe Ryu, aínda que a mesma técnica é usada por outras figuras do xogo.
|
Hadouken © www.noticias.lainformacion.com |
Deporte
En Xapón practícase unha ampla
variedade de deportes. As artes marciais tradicionais como o judo, o
kendo, o karate e o aikido son tan populares coma os deportes
importados do exterior, por exemplo o fútbol ou o béisbol, grazas á dedicación dos seus practicantes.
O judo, que literalmente significa "o camiño apracible", na actualidade
goza de gran popularidade en todo o mundo e afianzouse firmemente como
deporte oficial olímpico dende a súa primeira inclusión nos Xogos
Olímpicos de 1964.
|
Judo © www.culturajaponesa.blogspot.com |
Seguindo os pasos do judo, o kendo (esgrima xaponesa)
tamén conseguiu atraer moitos afeccionados no estranxeiro nos últimos
anos. Os contrincantes do kendo levan traxes protectores a xeito de
armadura e utilizan espadas de bambú para atacar e defenderse.
|
Kendo © kendocharleroi.be |
O karate
introduciuse en Xapón dende China a través do Reino das Ryukyu (a actual Okinawa). Os contrincantes do karate non levan ningún tipo de protección e loitan utilizando tan só as mans e os pés.
|
Karate © www.taringa.net |
O sumo, deporte nacional de Xapón, ten unha historia que abrangue máis de 1000 anos. Os rikishi
(loitadores de sumo), que levan o pelo ao estilo dos antigos
guerreiros, unicamente levan un cinto especial de seda, loitan tan só
coas mans núas e case todos pesan entre 100 e 200 quilos. Loitan nun dohyo (ring) de 4,5
metros de diámetro ata que un dos dous sae do
ring ou toca o chan con calquera parte do seu corpo que non sexa as
plantas dos pés.
|
Sumo © es.wikipedia.org |
Espero que vos gustara ler esta segunda parte de arte xaponesa tanto como a nós nos gustou escribila.
A seguinte entrada será por fin o itinerario, ata logo!