venres, 14 de marzo de 2014

San Petersburgo ( Санкт-Петербург)



Día 1.

Hoxe levantámosnos ás 8:00, xa que o almorzo é ás 8:30 (todos os días na estancia en San Petersburgo). Como era o primeiro día decidimos tomar algo típico como son os blinis, que son como ás crêpes.

Ás 9.00 chegou o taxi para levarnos o Palacio de inverno (Winter Palace), que está a  tres minutos do hotel.
Esta fantástica obra de arte é a sede do museo Hermitage. Sufriu numerosas remodelacións para que se puidese conservar tan ben. Na súa fachada obsérvase unha cúpula que é igrexa do pazo.

Ao saír do pazo de inverno dirixímonos á Igrexa de San Salvador da Sangre Derramada ou Igrexa da Resurrección de Cristo .
É unha igrexa ortodoxa rusa, no seu exterior ten cúpulas de moitas cores, no seu interior  presenta numerosos mosaicos que converten a este edificio nun dos mellores da nosa visita. 

Volvemos coller o taxi, esta vez para dirixirnos á Fortaleza de Pedro y Pablo (Peter and Paul Fortress) que está a 27 minutos. Esta fortaleza conta con numerosas construcións, a máis importante é a catedral de San Pedro e san Pablo, onde se atopan enterrados os zares.

Día 2.

Hoxe almorzamos bolos rusos recheos (Pirozhki) con bacon e ovo.
O taxi chegou ás 9:00 e levounos ao Convento de Nevsky (Alexander Nevsky Lavra)  que está a nove minutos. No seu interior encóntranse dúas igrexas barrocas e dous famosos cemiterios, é un lugar moi fácil de percorrer.

Palacio Nikoláievski (en ruso: Николаевский дворец), foi un dos numerosos pazos construídos por Andréi Stackensneider. É moi grande, conta cunha igrexa palatina, un picadeiro e varias edificacións separadas da praza do Traballo.

Día 3.

O hotel está ubicado a 10 minutos andando da estación de metro Sadovaya. Esta estación de metro ten unhas estruturas maxestosas xa que nun principio ían a ser pequenos pazos para o pobo. O noso billete desde a estación de metro de Sadovaya costounos 25 rublos, máis tarde dirixímonos a Avtovo para poder realizar a nosa última parada nesta cidade o  Peterhof (en ruso, Пеe'тергофPetergof)

  
(Fotos orixinais: Ignacio Izquierdo)

Ningún comentario:

Publicar un comentario