domingo, 16 de marzo de 2014

Os nipóns pásano bomba!

Ola de novo! Esta vez vos presentaremos as festividades máis importantes do país nipón.

En Xapón, coma en calquera lugar, todos os festivais celébranse ao redor duns acontecementos principais, cheos de comida e xogos para divertir aos asistentes.

Unha das festividades que os xaponeses celebran ao grande é o Ano Novo, tamén chamado Oshogatsu. Celébrase entre o un e o tres de xaneiro e pode prolongarse incluso durante todo o mes.

Desfile xaponés polo Oshogatsu © garciayroyano.wordpress.com
Rúas de Xapón adornadas no Oshogatsu © www.sushi-blog.pl
Fogos artificiais no Oshogatsu © es.upphotos.net

Adóitase xogar a xogos tradicionais e comer pratos especialmente preparados para a celebración. Tamén se organiza unha profunda limpeza das casas, que logo son decoradas con kadomatsu, uns piñeiros decorativos que representan a lonxevidade.

Kadomatsu © vngalaxy.net
Outra das festas do Nadal, a Noitevella, celébrase o 31 de decembro. A xente adoita realizar unha limpeza xeral da casa para dar a benvida ao novo ano e non seguir tendo influencias impuras. Moita xente visita, cun parecido a nós, os occidentais, templos budistas para oír as campás soar 108 veces á media noite.


Campá para a Noitevella de Xapón © www.japanaddiction.com 

O Hinamatsuri, Sangatsu Sekku ou festival das bonecas é un día no que as familias rezan pola felicidade e prosperidade das súas fillas na procura de que crezan sas e fermosas. Celébrase cada 3 de marzo e nel, as nenas expoñen varias bonecas vestidas con quimonos tradicionais, que quedan situadas en distintos niveis dunha plataforma, de ata 5 ou 7 chanzos. A celebración ten lugar dentro dos fogares ou na praia, lugar onde, supostamente, os malos espíritos afástanse das mozas.
 
Bonecas de Hinamatsuri © www.japanlinked.com
Celebración do Hinamatsuri © www.leiliemishigan.blogspot.com
Un prato típico da festividade é o hinaarare, unha especie de boliñas de arroz de diversas cores e doces, que se di que protexen ás nenas das enfermidades e da mala sorte. Adóitase, tamén, beber shirozake, un sake de cor branca e doce, para purificar o corpo.

Hinaarare © japonbarcelona.com
Shirozake © www.holanihon.com
O Hanami, tamén chamado festival das cerdeiras en flor, é un dos eventos máis populares da primavera. Celébrase en abril, cando suceden diversos festivais florais nos altares sintoístas. Baséase en contemplar as flores, que ocupan desde hai moito un lugar importante na literatura, na danza a nas belas artes.

Hanami © www.dondese.net
O Bon Odori, tamén chamado Urabon, celébrase entre o 13 e o 15 de agosto. Trátase dunha práctica budista consistente en honrar aos espíritos dos antecesores. Normalmente eríxese un altar fronte ao butsudan (santuario familiar para dar a benvida ás almas dos antecesores).

Bon Odori © www.rosayum.com
E por último, o Toro Nagashi, celebrado o 15 ou 16 de xullo, é a tradición que sinala a fin do Bon Odori. Fánse flotar pequenos farois de papel con velas acendidas dentro de ríos e costas para sinalar o camiño aos espíritos ancestrais cando estes marchan. Adóitase escribir unha mensaxe no exterior do farol de papel.

Toro Nagashi © muddyriver.typepad.com
Esperemos que na nosa viaxe poidamos gozar dalgunha destas festividades. Ata logo!

Ningún comentario:

Publicar un comentario