Ola, somos Ainhoa Castro, David González e Lara Burgo, alumnos de 16, 17 e 15 anos. Imos realizar unha viaxe de 15 días a Rusia, xa que é un país moi extenso, con moitos lugares que coñecer.
Eliximos Rusia por ser un dos destinos por excelencia nestes últimos anos. Impresionáronnos as súas grandes estruturas e a gran cantidade de monumentos, con moita cor a pesar de ser un lugar moi frío, temos moitas ganas de poder contemplalos e fotografalos xa que nos apaixona a fotografía. Somos uns amantes ademais dos deportes de inverno. Apetécennos moito probar cousas novas por iso temos ganas de poder coñecer a cultura, as tradicións e a comida rusa.
Por outra
parte é a nosa primeira viaxe solos polo que temos algo de medo xa que é un
país que está moi lonxe ademais de ser perigoso, cunha lingua que descoñecemos...
pero así demostraremos que podemos valernos por nós mesmos. Todo quedará
nunha gran experiencia que nunca esqueceremos, e para asegurarnos diso imos facer aquí noso diario de viaxe.
Polo que si queredes saber un pouquiño mais do pais que imos visitar, e sobre a nosas experiencias da viaxe... Esperar a nosa seguinte entrada.
Na que falaremos da nosa chegada e da primeira impresión.
Así que, como dirían en Rusia: Счастливого пути! (Boa viaxe!)
¡¡Gustoume moito como quedou!!
ResponderEliminarA montaxe da foto quedou moi ben
ResponderEliminarA profe tamén o pensa aínda que as outras que me mostráchedes están aínda mellor.
ResponderEliminarFermosa entrada, pasadeo ben e con sentidiño
ResponderEliminar