xoves, 7 de novembro de 2013

Botamos a andar!

Benvidos!

Somos 34 alumnos e alumnas da materia de Informática de 4º ESO do IES Pedras Rubias, na localidade pontevedresa de Salceda de Caselas.
Repartidos en dous grupos, imos emprender un proxecto compartindo o lema escollido pola nosa Biblioteca Escolar para o presente curso, "Viaxes reais e viaxes imaxinadas". Na parte correspondente á viaxe imaxinada, aplicaremos os coñecementos adquiridos nas clases para planificar en pequeno grupo, parellas no grupo menos numeroso e tríos no que estamos a maioría, unha viaxe ao noso destino ideal.
Na parte da viaxe real, esperamos compartir con todos vós o caderno de bitácora da nosa excursión de fin de curso.

Como toda viaxe ten un comezo, hoxe emprendemos a ruta neste blog que dará conta da aprendizaxe e dos descubrimentos que iremos facendo ao longo destes meses, gustaríavos acompañarnos? 
De esquerda á dereita: Crhistian, Pablo, Jorge, Jose, Ainhoa, Rodrigo, Carlos, Noelia, Alicia, Sandra, Carla, Fred, Laura Fernández, Laura Abalde, Abraham, Iria, Brais, Andrea, David, Isabel, Lara, Diego, Bárbara e Sergio

De esquerda á dereita: Rubén, Kevin, María, Eusebio (Sebi), Tamara, Cecilia, David Romero, Marisé (diante), Christofer e Javi.


2 comentarios: