sábado, 16 de novembro de 2013

Destino "Nihon"

こんにちは!

Somos Isa, Bárbara e Abraham e imos presentar a Terra do Sol Nacente, tamén coñecida como Xapón.

Isa, Bárbara e Abraham
Eu, Isa (á esquerda), elexín o Estado Nipón porque me parece un país moi avanzado respecto ao resto do mundo e me resulta curioso o seu modo de vida e o diferentes que son comparados cos occidentais.
Eu, Bárbara (no centro), escollín este país porque me fascina a cultura xaponesa, sobre todo o manga e o anime debido a que a mín tamén me gusta debuxar esta rama da arte e, segundo os meus amigos, dáseme bastante ben!
E por último, eu, Abraham (á dereita), elexín Xapón obrigado por estas rapazas, aínda que podería ter sido peor porque adoro a extravagancia coa que se visten e peitean moitos dos adolescentes xaponeses.
さようなら!

3 comentarios:

  1. A profe pensa que é o destino ideal para vós: non só pola afeción polo manga senón polas vosas inquedanzas sociais e culturais en canto a Abraham... en fin.. o da extravagancia para un megafan de Lady Gaga é o normal :)

    ResponderEliminar
  2. Que destreza tes con lápiz Bárbara, ta bien!

    ResponderEliminar